Capilla

Capilla de San Roque

Ourense

Capilla de San Roque, capilla en Ourense

Foto: Enciclopedia1993 · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Edificio religioso en Orense, España, a 121 m de altitud, a 2,2 km del Camiño Xabrés.

A capela de San Roque de Mende é un templo relixioso do século XVI dedicado a Roque de Montpellier, situado en Mende (Tras do Hospital, Ourense), a carón do río Lonia.

Historia

En 1560 o bispo Francisco Blanco Salcedo fundou en Ourense o hospital de San Roque. En 1598 fundouse en Ourense unha confraría dedicada a Roque de Montpellier, declarada votiva a perpetuidade polo Concello en 1645. En 1679 pediuse a protección do santo para facer fronte a unha epidemia de peste, e converteuse en «santo protector da cidade en tempos de pestes e males», O hospital caeu en decadencia tras a desamortización e foi derribado en 1927. O culto a San Roque decaeu a medida que se producían avances na medicina, e no século XIX as festas de San Roque de Ourense perderon popularidade fronte ás do Corpus Christi. A capela de Mende estivo abandonada e en estado ruinoso durante décadas até que se restaurou a comezos do século XXI, coa axuda da diocese de Ourense e a Deputación de Ourense. A reforma inaugurouse en agosto de 2002 coa presenza do alcalde Manuel Cabezas.

Descrición

A capela ten muros de cachotaría de granito e cuberta a dúas augas de tella árabe con dúas alturas. Na fachada ten portada en arco de medio punto con doelas. Baixo unha cornixa de granito con moldura, que enmarca as pendentes da cuberta, hai un escudo de pedra. A fachada está coroada cunha espadana dun van en arco rematada nos extremos por pináculos e no centro por unha cruz. A zona máis elevada da espadana é recente, colocada durante unha restauración antes de 1970. Ten unha nave dividida en dous tramos separados por un arco de medio punto e tres chanzos de granito.

Galería de imaxes

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Datos

Qué es Capilla

Dedicado a Roque de Montpellier

Altitud del punto ≈ 121 m · Terrain Tiles

Pueblo más cercano Ourense, a 2,4 km

Camino de Santiago Camiño Xabrés, a 2,2 km

En el municipio viven 105.609 (2025) · IGE

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Llegar en autobús

Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar