Iglesia
Iglesia de Santa Eufemia de Ambía
Baños de Molgas · Ourense

A capela de Santa Eufemia de Ambía é unha igrexa prerrománica do século X. Pertence á parroquia de Ambía no concello de Baños de Molgas. O muro sur e a fachada leste consérvanse do edificio orixinal. En 1931 a igrexa foi declarada monumento histórico-artístico.
Datación
O arqueólogo e historiador ourensán Juan Carlos Rivas Fernández propuxo a hipótese de que a igrexa é unha reedificación mozárabe de finais do século IX dun templo anterior de época sueva-visigoda, o cal ao mesmo tempo aproveitaría pezas dun primitivo edificio romano. Outros autores, se ben coinciden en datala a finais dos séculos IX ou comezos do X, discrepan en canto ás influencias arquitectónicas que a caracterizan. No ano 2014 atopáronse preto da igrexa dous bloques de pedra con inscricións dedicatorias en que se leron os nomes Salvator e Eufemia. Estes interpretáronse como evidencia de que a igrexa fora consagrada a polo menos tres padróns: San Salvador, Santa María e Santa Eufemia. Nos séculos IX e X era costume consagrar igrexas a varios santos e asignarlles os seus propios altares.
Arquitectura
A capela está construída a partir de bloques de granito de diferentes tamaños, unidos coidadosamente. O interior consta só dunha nave, se ben entre as ábsidas rectangulares aínda se poden ver as particións e os inicios dos arcos de ferradura. A espadana aberta é dun período posterior. As aberturas das xanelas das ábsidas están deseñadas como xanelas xemelgas e teñen a forma de ocos, con arcos de ferradura. No refacho da xanela central xemelga está gravado un corazón, e no traveseiro sobre o soporte central sitúanse dous arcos de ferradura na pedra.
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- Santa Eufemiaa 79 mMaceda (cruzamento OU-103)-Allariz · Ourense E.I.-Parque Tecnolóxico-Maceda (cruzamento OU-103)(por Seixalbo) · Maceda (cruzamento OU-103)-Allariz · Ourense E.I.-Seixalbo-Baños de Molgas-Maceda (cruzamento OU-103) · Ourense E.I.-Seixalbo-Baños de Molgas-Maceda (cruzamento OU-103) · Ourense E.I.-Parque Tecnolóxico-Maceda (cruzamento OU-103)(por Seixalbo)
- Fondodevila (marquesiña)a 762 mVilariño (marquesiña)-CEIP de Baños de Molgas · Vilariño (marquesiña)-CEIP de Baños de Molgas
- O Viñala 854 mMaceda (cruzamento OU-103)-Allariz · Ourense E.I.-Parque Tecnolóxico-Maceda (cruzamento OU-103)(por Seixalbo) · Maceda (cruzamento OU-103)-Allariz · Ourense E.I.-Seixalbo-Baños de Molgas-Maceda (cruzamento OU-103) · Ourense E.I.-Seixalbo-Baños de Molgas-Maceda (cruzamento OU-103) · Ourense E.I.-Parque Tecnolóxico-Maceda (cruzamento OU-103)(por Seixalbo)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Al lado de este lugar
- Colegiata de Santa MaríaCatedral
- Balneario de Baños de MolgasCiudad balneario
- Ponte Vella de Baños de MolgasPuente
- Igrexa de San Román de SobradeloIglesia
- Igrexa de Santa María de AlmoiteIglesia
- Igrexa de San Salvador de Baños de MolgasIglesia
- Igrexa de San Martiño de BetánIglesia
- Igrexa de Santa María de GuamilIglesia