Albergue de peregrinos

Casa da viúva

A Gudiña · Ourense

Casa da viúva, albergue de peregrinos en A Gudiña

Foto: Teixuga · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Edificio en A Gudiña, parroquia de A Gudiña, concello de La Gudiña, provincia de Orense, España, a 974 m de altitud, a 59 m del Camiño Xabrés por Verín.

A Casa da Viúva é un edificio histórico situado na vila da Gudiña, no casco urbano e ao pé da estrada N-525. De cronoloxía indeterminada, con probabilidade foi construído no século XIX. O casal é de estilo popular, con perpiaños de granito e planta rectangular. Ten unhas dimensións de 1200 metros cadrados que se dividen en tres andares.

Historia

A principios do século XX, a Casa da Viúva era un despacho de comestibles, café, estanco e surtidor de gasolina rexentado por Florinda Ortega Pérez, nai do alcalde gudiñés da Fronte Popular, Felicísimo Pérez Ortega, e lugar de residencia de ambas. Tralo golpe de Estado de 1936, a Casa da Viúva foi asaltada e Florinda Ortega foi levada presa á cadea de mulleres de Bande. O seu fillo Felicísimo foi quen de fuxir para evitar a execución. En 1993 a Xunta de Galiza adquiriu a Casa da Viúva por 35 millóns de pesetas. A finalidade do edificio era a de centro de divulgación cultural, polo que foi adecuada con espazos para exposicións, conferencias e sala de audiovisuais. A construción, que fai parte da memoria histórica gudiñesa, atópase nun excelente estado de conservación, e ata o ano 2020 acolleu diversos actos culturais, tanto institucionais como provenientes do colectivismo ou de iniciativas particulares. En xuño do ano 2020 transcendeu á prensa que o edificio ía ser convertido en albergue de peregrinos. As obras comezaron en agosto dese ano, e inaugurouse como albergue en xullo de 2021.

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Datos

Qué es Casa

Altitud del punto ≈ 974 m · Terrain Tiles

Pueblo más cercano A Gudiña, a 36 m

Camino de Santiago Camiño Xabrés por Verín, a 59 m

En el municipio viven 1197 (2025) · IGE

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Llegar en autobús

Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar