Museo

Casa de los Mosaicos

Lugo

Casa de los Mosaicos

A Casa dos Mosaicos é unha antiga domus romana e actual museo situado no centro da cidade de Lugo, en Galicia, onde se poden visitar restos da antiga casa, como os mosaicos ou pinturas murais. == Descrición == A Casa dos Mosaicos está situada na rúa Doutor Castro, coñecida popularmente como rúa das Docerías, pegada á Praza Maior. A casa na que se atoparon os mosaicos, e onde están expostos, foi unha casa grande que, segundo os restos achados, foi construída entre os séculos I e II. Dentro da casa pódense atopar antigos mosaicos decorativos, pinturas murais decorativas, bases de columnas e os restos do hypocaustum o cal aseguraba a calefacción da casa. Dentro realízase ademais unha montaxe audiovisual que reproduce o que foi a vida nesa casa.---- == Véxase tamén == === Outros artigos === Arquitectura romana en Galicia Lucus Augusti === Ligazóns externas === Casa dos Mosaicos na páxina do concello de Lugo Casa dos Mosaicos na páxina de Turismo de Galicia

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Para ir

Entrada Gratis

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar