Castillo
Castillo de Ferreira
Pantón · Lugo

O castelo de Maside, ou castelo de Masid, ou castelo de Ferreira, é unha fortificación medieval situada no lugar da Torre na parroquia de Ferreira de Pantón no concello lugués de Pantón, situado na comarca de Terra de Lemos. Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949, ratificado en normativa posterior.. == Historia == É un exemplo de arquitectura feudal do século XI, restaurado no século XIX por Joaquín Arias Sanjurjo. A fortaleza de Ferreira foi morada do caudillo irmandiño Diego de Lemos, morto en 1492 e soterrado na igrexa do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón. == Descrición == Exemplo de arquitectura defensiva medieval cun palacio apoiado e unha torre da homenaxe cadrada e ameada, con portas de entrada e un escudo. Na fachada destaca unha xanela, de estilo plateresco, enmarcada por dúas columnas estriadas exentas apoiadas nun pedestal labrado e coroada por un tímpano semicircular en forma de venera. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía ===
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- A Torrea 78 mCEIP Monte Baliño-Vilabus (garaxe) · Monforte E.A.-Vilabus (garaxe) · CEIP Monte Baliño-Vilabus (garaxe)
- MONASTERIO DE FERREIRAa 692 mMonforte E.A.-Currelos · Monforte E.A.-Escairón (gasolineira) · Monforte E.A.-Escairón (gasolineira) · Vilabus (garaxe)-Currelos · IES A Pinguela-Currelos · IES A Pinguela-Currelos
- FERREIRA DE PANTÓNa 819 mMonforte E.A.-Currelos · Monforte E.A.-Escairón (gasolineira) · Monforte E.A.-Escairón (gasolineira) · Vilabus (garaxe)-Currelos · Ferreira de Pantón-O Torrón · Ferreira de Pantón-O Torrón
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.