Castillo

Castillo de San Carlos (Finisterre)

Fisterra · A Coruña · 1800

Castillo de San Carlos (Finisterre), castillo en Fisterra

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Construcción militar en Fisterra, a 7 m de altitud, a 188 m del Camiño de Fisterra-Muxía.

O castelo de San Carlos é unha fortificación defensiva construída no século XVIII durante o reinado de Carlos III de España para defender a costa galega dos ataques de barcos estranxeiros, xunto co castelo do Príncipe e o castelo do Cardeal.

Historia

As constantes invasións e incursións marítimas da costa galega nos séculos XVII e XVIII por parte de corsarios ingleses e franceses propiciaron a construción dunha serie de bastións defensivos ao longo das Rías Altas, cuxo principal obxectivo era garantir a seguridade da poboación e dos recursos da terra. Unha destas fortalezas foi o castelo de San Carlos, construído na vila de Fisterra. Outras fortalezas defensivas foron o castelo do Príncipe en Cee, o castelo do Cardeal en Corcubión e o castelo do Soberano, que xa non existe, en Camariñas. A súa construción comezou baixo a dirección dos enxeñeiros Demaur e Exaccha a mediados do século XVIII, porén só se realizou a proxección xeral, a nivelación do xacemento, a cimentación en rocha a base de pedra e barro e un tramo de muro. Mantívose así ata que unha Real Orde de Carlos III de España ordenou a súa finalización.[cando?] En 1809, durante a Guerra da Independencia de España, as tropas francesas saquearon e incendiaron o castelo. Tempo despois reconstruíuse e en 1892 o Estado vendeullo en poxa pública a Plácido Castro Rivas, industrial natural da vila. En 1948 o seu fillo Plácido Castro del Río, doou o inmoble ao Concello para crear un museo. En 2006 inaugurouse o Museo da Pesca, da man da Confraría de Pescadores e maila Consellaría de Pesca da Xunta de Galicia. O museo expón a evolución da pesca ao longo do tempo en canto a embarcacións e artes, os costumes da xente do mar, e os naufraxios acontecidos nesta costa.

Arquitectura

A súa forma é irregular para adaptarse ás esixencias do terreo rochoso xa que está situado na beira do mar. Tiña unha nave central para as tropas formada por 28 soldados de infantería, a polvoreira e tres troneiras. Apuntando á ría, 11 canóns preparáronse para unha posible invasión.

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Datos

Época Edad Moderna

Qué es Fortificación defensiva

Uso actual Museo

Altitud del punto ≈ 7 m · Terrain Tiles

Pueblo más cercano Fisterra, a 328 m

Camino de Santiago Camiño de Fisterra-Muxía, a 188 m

En el municipio viven 4690 (2025) · IGE

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Llegar en autobús

Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar