Castillo

Castillo de San Diego

A Coruña

Castillo de San Diego

O castelo de San Diego foi un recinto fortificado situado á entrada da baía da Coruña. Foi construído entre 1606 e 1636, e xunto co castelo de Santo Antón formaba parte do complexo defensivo da cidade. Inicialmente chamouse castelo de San Gaspar, aínda que a partir de 1644 xa se coñeceu como castelo de San Diego. Segundo a descrición do cronista José Cornide, tratábase dunha construción poligonal adaptada ao saínte rochoso no que se asentaba, con dúas plataformas de artillaría e distintas dependencias agrupadas no centro, nas que se atopaban os corpos de garda, o almacén, a capela, a polvoreira e o cuartel. Este forte abaluartado contaba cunha dotación artilleira de 30 canóns. Nas crónicas do ataque franco-holandés á Coruña en 1639 (guerra franco-española de 1635-1659) xa se falaba da eficacia desta nova fortificación e da súa efectividade artilleira contra a escuadra do almirante Sourdis. Como barreira defensiva adicional, entre o castelo de San Diego e o castelo de Santo Antón tendíase unha cadea que bloqueaba o acceso ao porto da cidade. En 1963 o castelo de San Diego foi derruído co obxectivo de ampliar as instalacións portuarias, modificándose o litoral neste lugar para a construción dun peirao petroleiro. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Castillo San Diego 1755 A Coruña Imaxes ¿Dónde estaba el Castillo de San Diego de A Coruña? (en castelán)

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar