Castillo

Castillo de San Jorge

O Pindo · Carnota · A Coruña

Castillo de San Jorge, castillo en Carnota

Foto: Noel Feans · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Castillo en O Pindo (Carnota, A Coruña), a 193 m de altitud, a 8,8 km de Corcubión.

O castelo de San Xurxo foi unha fortaleza medieval situada no macizo granítico do Monte Pindo, en Carnota.

Historia

Mantívose en pé durante boa parte da Idade Media, logo de ser fundado (ou refundado) no século X (ao tempo das Torres de Oeste) polo bispo Sisnando II, coma parte da súa estratexia de fortificación das costas galegas ante os continuos ataques e saqueos normandos e árabes desde o mar, defendendo ademais neste punto un paso privilexiado a Santiago de Compostela, cobizado centro económico e relixioso na época. Por iso se lle considera un dos castelos de pedra máis antigos de Galiza, e dos poucos que nunca puido ser conquistado, que se coñeza. A fortificación situouse sobre o Pico Pedrullo, un escarpado penedo de 300 metros de altitude situado sobre a costa de Carnota preto do lugar de Quilmas, espectacular formación xeolóxica natural coa que se fundían as propias murallas da fortaleza configurando un conxunto de moi difícil acceso. Composto por varias torres vixía e unha torre de homenaxe, ofrecía unha fantástica perspectiva sobre a costa do sur da Costa da Morte permitindo escrutar as augas situadas entre o Cabo Touriñán e o Cabo Corrubedo. Despois de pasar alternativamente polas mans da Coroa, igrexa e nobres da época, e despois de protagonizar a Revolta de Carnota, pouco a pouco esta fortaleza foi cedendo importancia ao ritmo que os centros de poder se foron radicando na contorna de Santiago de Compostela a partir do século XIII, ata que finalmente a principios do século XIV o nobre Lope Sánchez de Ulloa, quen nese momento ostentaba a tenencia do castelo, pide permiso á Igrexa para derrubar a fortificación: Foi así que, a diferenza do veciño Castelo de Penafiel, o Castelo de San Xurxo xa debía estar destruído nos tempos da Revolta Irmandiña, o cal se ratifica ante a ausencia de toda referencia desta fortificación na documentación medieval que se conserva sobre este episodio histórico. Co paso dos séculos as ruínas do Castelo de San Xurxo incorporáronse ás lendas e tradicións populares, que situaron entre os seus cascallos desde fabulosos tesouros ata a tumba da mesmísima Raíña Lupa. Estas lendas provocaron que os seus restos foron sucesivamente profanados e removidos na procura de tesouros e restos, provocando que a día de hoxe as estruturas do castelo (que a mediados do século XX aínda se erguían varios metros de altura) ficasen reducidos a unha inmensa morea de entullo e as bases dalgunhas murallas. Nos seus restos nunca se desenvolveron escavacións arqueolóxicas.

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Datos

Qué es Castelo

Altitud del punto ≈ 193 m · Terrain Tiles

Pueblo más cercano Corcubión, a 8,8 km

En el municipio viven 3777 (2025) · IGE

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Llegar en autobús

Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar