Castro

Castro da Braña

Filgueira de Traba · Oza Cesuras · A Coruña

Todavía no hay foto de Castro da Braña

Si tienes una, súbela a Wikimedia Commons ↗ con las coordenadas puestas y llegará sola a este mapa y a cualquier otro que use datos abiertos. O mándanosla.

{{Location|43.13064|-8.28607}}

Poblado fortificado en Visantoña (Mesía) e Filgueira de Traba (Oza-Cesuras), a 398 m de altitud, a 11,5 km de Ordes.

O Castro da Braña é un poboado castrexo situado no lugar da Painceira nos lindes da parroquia de Visantoña (Mesía) con Filgueira de Traba (Oza Cesuras).

Morfoloxía

O castro apréciase que ten unha forma ovalada e que abrangue 84 por 62 metros, sendo os dous eixos en dirección LSL-ONO e SSE-NNO. Orixinariamente debeu ser de menor tamaño. Conserva un parapeto nunha zona pequena do norte dunhas dimensións de 2 metros de altura no interior e uns 3 metros no exterior. O foxo, que semella que circundaba a totalidade do castro, non supera o metro de profundidade. Un corte do parapeto permite ver a súa estrutura interna e que se trata dunha mestura de pedras de xisto e terra. Os terrapléns que se conservan son pequenos, entre o metro e os dous metros, e só parecen ser maiores no noroeste, onde poderían acadar os 3 metros de altura.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.

Conservación

Obras de achanzamento e actividades agrícolas destruíron case todo o recinto, sendo o estado de conservación pésimo.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Datos

Altitud del punto ≈ 398 m · Terrain Tiles

Pueblo más cercano Ordes, a 11,5 km

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Llegar en autobús

Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar