Castro

Castro da Punta de Santa Mariña

Ares · A Coruña

Castro da Punta de Santa Mariña

Castro da Punta de Santa Mariña ou Castro de Santa Mariña é un poboado fortificado nunha península en Ares. == Descrición == É un castro costeiro coas defensas no istmo da península e adaptado á forma da rocha. A entrada sería por un pequeno camiño situado entre as defensas e o cantil. Está protexido por dúas murallas monumentais con forma de arco, unha situada no itsmo e outra maior dus 100 metros no propio castro, entre elas hai un foxo cortado entre cantís. No interior do recinto vense varias construcións en ruínas que pertenceron a unha batería militar que desfixo o castro. Ao leste do castro hai unha galería coñecida como Cova dos Mouros ou de Santa Mariña, duns 120 metros de lonxitude e 1,5 metros de altura escavada na rocha e que se supón relacionada co castro. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar