Castro

Castro de Rañobre

Oseiro · Arteixo · A Coruña

Castro de Rañobre, castro en Arteixo

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

Poblado fortificado en Oseiro, Arteixo, a 71 m de altitud, a 1,8 km de Oseiro.

O Castro de Rañobre é un castro situado en Oseiro (Arteixo). Ten forma elíptica coas defensas moi suavizadas polos labores agrícolas. Só están visibles o terraplén, un foxo e un parapeto. Polo castro pasa unha estrada, hai varias vivendas e é empregado como zona agrícola.

Descrición

O castro mide uns 350 metros de SW-NE e uns 250 metros de NW-SE. A parte alta do castro está mellor conservada véndose parte das defensas. No lado máis baixo do castro as labouras agrícolas desfixeron esa parte. O castro ten internamente socalcos a varios niveis polos desniveis do chan e por traballos agrícolas. Dentro do castro hai varias vivendas, unha empresa e pasa unha estrada. O castro está aproveitado para leiras e horta. Pódense ver as pedras nos lindes e como marcos. O castro está catalogado e ten unha área de protección delimitada.

Tumbas do castro

En abril do 2009 durante as obras do porto exterior da Coruña nos límites do peche exterior que delimita o terreo expropiado atopáronse varias tumbas do castro de Rañobre a máis de 200 metros do castro.

Outros artigos

Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Datos

Altitud del punto ≈ 71 m · Terrain Tiles

Pueblo más cercano Oseiro, a 1,8 km

En el municipio viven 34.389 (2025) · IGE

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Llegar en autobús

Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar