Catedral
Catedral Basílica Metropolitana de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela · A Coruña · 0801

A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calisto II declarou que serían «ano santo» ou «ano xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidise en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni en 1179. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1896, e a cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985. == Historia == Corre a seguinte lenda sobre a fundación da Catedral e da cidade de Compostela ó seu redor. Unha vez que Santiago conseguiu botar a tódolos mouros destas terras, decidiu erguer unha catedral. Buscou o mellor sitio ata que atopou unha carballeira que lle pareceu ben. Foi arrincando tódolos carballos, un a un, cunha soa man, ata abrir un claro amplo de abondo. Estendeu unha pelica no chan e marcou os lindes por onde debían facerse os muros, e logo foi colocando pedras sobre o perímetro ata terminar de levantar o templo. Por iso dise que "A vila de Sant-Iago,/ a vila santiaguesa,/ a vila de Sant-Iago/ algún día foi devesa". Segundo a tradición católica, o Apóstolo Santiago o Maior difundiu o cristianismo pola Península Ibérica nos anos 36/37 ó 40. No ano 44 foi decapitado en Xerusalén por orde de Herodes Agripa I (fillo de Herodes o Grande) e os seus restos foron trasladados despois a Galicia nunha barca de pedra. A raíz das persecucións romanas dos cristiáns de Hispania, a súa tumba foi abandonada no século III. Sempre segundo a lenda, esta tumba foi descuberta en torno non antes do ano 820 polo ermitán Paio (Pelagius) logo de ver unhas luces estrañas no ceo nocturno. O bispo Teodomiro de Iria recoñeceu este feito como un milagre e informou ao rei Afonso II de Asturias e Galicia; o rei ordenou a construción dunha capela no lugar. Di a lenda que o rei se converteu no primeiro peregrino neste santuario. Esta capela foi seguida por unha primeira igrexa o ano 829 e con posterioridade por unha igrexa prerrománica o 899, construída por orde do rei Afonso III, converténdose gradualmente nun importante lugar de peregrinación. O ano 997 esta igrexa primitiva foi reducida a cinzas por Almanzor, comandante do exército do califa de Córdoba. As portas e as campás da igrexa, portadas aos ombreiros por cativos cristiáns ata Córdoba, engadíronse á mesquita alxama. Cando Córdoba foi tomada polo rei Fernando III de Castela en 1236, esas mesmas campás foron recuperadas e transportadas por prisioneiros musulmáns a Toledo, e incluíronse na catedral de Santa María de Toledo. A construción da actual catedral iniciouse en 1075 baixo o reinado de Afonso VI e o patrocinio do bispo Diego Páez. Unha inscrición na capela do Salvador conmemora o momento: "A los treinta años del milésimo septuagésimo quinto despues de la Encarnación del Señor, en cuyo tiempo se fundó esta iglesia de Santiago". Foi construída segundo o mesmo plano que a igrexa de ladrillo monástica de san Sernín de Tolosa, probabelmente o maior edificio románico de Francia. A construción detívose en distintas ocasións polo que se establecen tres etapas construtivas. A primeira remata en 1088, cando o bispo Diego Páez foi detido por traizón, o que supón a paralización das obras.…
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Para ir
Silla de ruedas Sí
Chegar en bus
- Rúa Novaa 372 mA Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- ALAMEDAa 704 mBuxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Buxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · A Laracha (concello)-Santiago E.I. · A Laracha (concello)-Santiago E.I.
- Avda. de Xoán XXIIIa 744 mCarballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Al lado de este lugar
- Colegiata de Santa María del SarCatedral
- Pazo de San Lorenzo de TrasoutoMonasterio
- Monasterio de San Pelayo de AntealtaresMonasterio
- Monasterio de San Martín PinarioMonasterio
- Convento de San Francisco del Valle de DiosMonasterio
- Pazo do EspiñoPazo
- Pazo de los Condes de XimondePazo
- Casa-pazo de VaamondePazo