Museo

MEIRANDE

Redondela · 2013

MEIRANDE

O Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande, tamén coñecido como Meirande, é un museo da Batalla de Rande e o patrimonio industrial, localizado no lugar de Rande da parroquia redondelá de Cedeira, no estreito de Rande.

Descrición

Está situado na antiga Fábrica do Alemán, unha construción de comezos do século XX adicada á salgadura e logo á conserveira. Durante a segunda guerra mundial foi centro loxístico de aprovisionamento de volframio a través de submarinos e barcos nazis á fronte de Otto Gerdtzen Boyé. A restauración da fachada da fábrica e a construción do museo foi a mans do arquitecto Carlos Falagán Mota, en terreos da Autoridade Portuaria de Vigo. Fíxose con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Galería de imaxes

Outros artigos

Museo do Mar de Galicia

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Para ir

Horario Tu-Su 11:00-14:00,15:30-19:00

Entrada Gratis

Teléfono +34 986 458 891

Ver en el mapaLeer en WikipediaWeb oficialCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar