Catedral
Concatedral de San Julián
Ferrol · A Coruña · 1763

A concatedral de San Xiao é un templo de culto católico situado na cidade de Ferrol (Galiza) e adicada ao patrón da cidade, San Xiao. Pertence á diocese de Mondoñedo-Ferrol e trátase do monumento relixioso máis importante da cidade. == Historia == O templo foi proxectado polo enxeñeiro e arquitecto de mariña Julián Sánchez Bort a partir do ano 1763, e comezouse a construír en 1765 sobre os restos dunha antiga igrexa románica, sendo finalizado en 1772. Este templo estaba proxectado para a nova barriada que se levantaba na cidade de Ferrol. En 1959, mediante unha bula de Xoán XXIII acadou a categoría de concatedral o 9 de marzo, o motivo polo cal acadou a categoría de concatedral e non de catedral foi porque na súa mesma diocese xa había outra catedral, a catedral de Mondoñedo. == Descrición == Na súa planta centrada e nos primeiros proxectos, recollíanse conceptos arquitectónicos renacentistas, aínda que o edificio considérase neoclásico. O templo presenta a peculiaridade de ter a súa planta en forma de cruz grega e non latina como é habitual. Está cuberta cunha gran cúpula, que non se deixa ver ao exterior. Ten capelas laterais e unha fachada principal flanqueada por dúas torres rematadas por cúpulas. A portada repite modelos compositivos propios do manierismo. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Concatedral de San Xiao en Turgalicia.
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- MERCADO DE SAN XULIÁNa 47 mO Porto-O Puntal · Canido-Praza da Graña · Cooperativa O Val-Mercado de San Xulián · Mercado de San Xulián-Mercado de San Xulián · Mercado de San Xulián-San Felipe · Mercado de San Xulián-Praza da Graña
- MERCADO DE SAN XULIÁNa 98 mO Porto-O Puntal · Praza da Graña-Canido · Mercado de San Xulián-Mercado de San Xulián · Mercado de San Xulián-Cooperativa O Val · Mercado de San Xulián-Praza da Graña · Mercado de San Xulián-Cooperativa O Val
- Praza de Galicia (Correos)a 131 mCaranza-Praza Vella · Praza Vella-Caranza · O Porto-O Puntal · O Porto-O Puntal · O Porto-Hospital Naval · Hospital Naval-O Porto
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.