Lago

Encoro da Castellana

Aranga · A Coruña · 1944

Encoro da Castellana

O encoro da Castellana é un encoro que se acha no curso alto do río Mandeo, entre as parroquias de Vilarraso e Curtis, dos concellos de Aranga e Curtis, na provincia da Coruña, asolagando tamén terras da parroquia de Foxado (Curtis). Próximo ó lugar da Castellana (Vilarraso), foi construído para aproveitamento hidroeléctrico. Verte as súas augas nel o río de Portabenza. == Historia e características == A súa capacidade é duns 90.000 m³. De estrutura recta e perfil de gravidade, posúe 7,5 metros de alto e 20 de longo. A auga é canalizada até a cámara de carga, que a descarga na minicentral mediante tres tubos de formigón armado de 37 m de lonxitude. Non posúe dispositivo ningún para o remonte dos peixes e ten estabelecido un caudal ecolóxico de 0,85 m³/s durante todo o ano. Nas augas represadas, cuxas ribeiras conforman un bosque de bidueiros e amieiros, pódense observar diferentes aves acuáticas como o lavanco e o mergullón pequeno durante todo o ano, mentres durante as épocas de invernada a cerceta, a garza real, o corvo mariño real e a narcexa. Entre as especies ictiolóxicas destaca a reñosa. O encoro comezou a funcionar en 1944 e foi o 13 de agosto de 1945 cando o Ministerio de Obras Públicas autorizou a derivación dun caudal de 1,5 m³/s para a produción de electricidade. Estivo en funcionamento até 1970, xerando enerxía para lugares próximos como Teixeiro, Vilardois, Vilarraso, A Reborica e Estraviz. Entrou de novo en funcionamento en 1991. Orixinalmente concedida a Fenosa, foi xestionada por Minicentrales M.N., o que fixo que a asociación de pesca Río Mandeo denunciase a compañía por captación ilícita de auga e delito ecolóxico. Tamén denunciou o escaso caudal ecolóxico, que non atinxía os 0,05 m³/s. Posteriormente, a empresa Navarro Generación levou a explotación do encoro. O grupo Eufer, alianza de Enel e Unión Fenosa, e disolvido en 2010, foi o titular da concesión cun caudal de 6 m³/s e unha potencia instalada de 1300 kW. O 4 de xullo de 1999, dous excursionistas morreron após a abertura das comportas da central e a subida repentina do caudal do río. Doce anos despois, o xuízo contra os acusados, o monitor da excursión e os encargados da central, finalizou sen condena. En 2016 rematou a concesión hidráulica e entrouse nunha fase de información de compatibilidade co plan hidrolóxico da bacía. O 19 de marzo de 2021, o BNG celebrou un acto reivindicativo na minicentral da Castellana mediante o cal reclamou que a minicentral ―xunto con outras en trámite de extinción das concesións― pasase a ser de xestión pública. En 2020, para a mellora e ampliación do fornecemento de auga á localidade de Teixeiro, así como ó polígono industrial de Curtis-Teixeiro e ó centro penitenciario de Teixeiro, anunciouse a execución da captación e bombeo de auga desde o encoro. Un edificio de bombeo permitirá captar 0,08 m³/s (ampliábel a 0,13) e estará conectado mediante unha tubaxe de impulsión de 3,6 km de lonxitude á estación de tratamento de auga potábel (ETAP) existente no polígono industrial. == Galería de imaxes == == Notas == Referencias == Véxase tamén == === Outros artigos === Encoros de Galiza === Ligazóns externas === Bergantiños, Xosé (20 de xaneiro de 2015). "O encoro da Castellana". El Ideal Gallego. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 30 de xaneiro de 2020.

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar