Lago
Embalse de Belesar
Rebordaos · O Saviñao · Lugo · 330 m
Foto: José Antonio Gil Martínez · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Embalse sobre el río Miño, situado en los concellos de Taboada, Chantada, Saviñao, Paradela, Páramo, Guntin y Portomarín, provincia de Lugo, España, a 330 m…
O encoro de Belesar é unha presa artificial creada en 1963 no río Miño (a máis grande deste río), situado entre os concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín. A súa capacidade é de 654,5 hm³ e ocupa unha superficie de 2.000 hectáreas e unha cola de 50 quilómetros. Na zona de maior profundidade acada os 135 metros. Ten unha potencia máxima de 227 MW, e produce unha media de 732 GWh ó ano. A presa, construída entre os concellos de Chantada e O Saviñao, toma o seu nome do núcleo onde primeiro se proxectou, o lugar de Belesar (nas parroquias de Belesar e Diomondi), situado a unha distancia de 4,5 quilómetros río abaixo, no Encoro dos Peares.
Construción
Foi creado para abastecer unha central hidroeléctrica, operada na actualidade pola empresa Gas Natural Fenosa. A presa é obra do enxeñeiro Luciano Yordi de Carricarte, e o edificio de control da central eléctrica do arquitecto Juan Castañón de Mena. No encoro traballaron forzados presos políticos, que vivían en condicións moi duras. Polos terreos expropiados para a súa construción pagáronse prezos moi baixos . A construción do encoro supuxo anegar case 2.000 hectáreas de terreo fértil, ademais da desaparición do Castro Candaz e da vila de Portomarín, que se reedificou preto da súa antiga localización. Outros lugares habitados desapareceron tamén baixo as augas do encoro, como Mourulle, Pincelo, Abeledo ou Portomeñe.
Galería de imaxes
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Datos
Qué es Encoro
Extensión 1.910 m²
Altitud 330 m
Pueblo más cercano Chantada, a 5,2 km
En el municipio viven 3468 (2025) · IGE
Llegar en autobús
- BELESARa 881 mCPI Dr. López Suárez-Belesar · CPI Dr. López Suárez-Belesar
- PESQUEIRASa 928 mLalín E.A.-Monforte E.A. · Lalín E.A.-Monforte E.A. · CPI Dr. López Suárez-Belesar
- PESQUEIRASa 953 mCPI Dr. López Suárez-Belesar
Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.
