Lago
Embalse de Eiras
Ponte Caldelas · Pontevedra
.jpg?width=640)
O encoro de Eiras é un encoro situado no río Oitavén, entre os concellos de Fornelos de Montes e Ponte Caldelas, na provincia de Pontevedra. Abastece de auga ao concello de Vigo, ademais doutros limítrofes como Mos, O Porriño, Redondela e Salceda de Caselas. == Historia == Debido ao incremento da poboación de Vigo, o caudal de auga para abastecer a cidade non era suficiente, a pesar da construción do encoro de Zamáns. En 1973 o pleno do concello de Vigo aprobou un empréstito para financiar parte das obras. En outubro de 1973 comezaron as obras, tras un proceso de expropiación de predios. Inaugurouse o 21 de marzo de 1977 coa presenza do ministro de Obras Públicas, Leopoldo Calvo-Sotelo, e mais do alcalde de Vigo, Joaquín García Picher. == Situación == Aproveitouse o leito do río Oitavén, cunha extensión de 149 hectáreas. Tamén recibe augas dos ríos Parada e do Barragán, ademais doutros regatos. Adoita recibir auga ocasional do río Verdugo. A auga transpórtase mediante a Canle de Eiras, que pasa polos Valos e polo túnel da Madroa. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén ==
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗