Faro

Faro de Estaca de Bares

Mañón · A Coruña · 1850

Faro de Estaca de Bares

O faro da Estaca de Bares é un faro localizado na Estaca de Bares, situado a 101 metros de altura na entrada da ría do Barqueiro. É o último faro da costa coruñesa setentrional de toda a Península Ibérica. Está emprazado nunha meseta chamada Ventureiro, sobre un montículo que se prolonga na chamada "punta da Estaca de Bares", da que recibe o nome a que é a fronteira imaxinada onde mesturan as súas augas o Atlántico e o Cantábrico. A torre ten unha altura de 33 metros; a luz do faro acada un alcance de 25 millas náuticas e está en funcionamento desde o 1 de setembro de 1850. Nun principio prestaban servizo tres torreiros. No ano 1939 instalouse un radiofaro. Desde 1993 depende da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Al lado de este lugar