Faro
Faro Touriñán
Muxía · A Coruña · 1898

O faro de cabo Touriñán atópase na localidade de Muxía en plena Costa da Morte e foi construído no ano 1898. == Historia == O primeiro faro inagurouse en 1898. É unha pequena torre con lanterna e galería centrada no teito dunha casa de garda cadrada dun piso. É o punto máis occidental de España, a uns 2´1 km ao oeste de Cabo Fisterra. Foi substituído en 1981 por un segundo faro. É unha torre branca de formigón cilíndrico de 14 m de altura, con lanterna e dobre galería, construída fronte ao antigo faro. Forma parte dunha serie de modernos faros de deseño estandarizado desde 1970. == Descrición == Está formado por unha torre cilíndrica branca duns 14 metros de altura e a súa luz é branca. Ten un alcance de 24 millas. En Touriñán hai dous faros, o antigo de 1898 e o novo de 1981. O antigo é unha casiña cadrada pintada de branco de cuxo tellado sobresae a torre. En 1981 comezou a funcionar o novo faro, un cilindro de formigón de tres metros de diámetro e once de altura. == Véxase tamén == === Bibliografía === Pazos, Lino (2003). Faros de Galicia. Guías Galaxia. Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-636-3. Sánchez García, Jesús Ángel (2004). Faros de Galicia (en castelán). Fundación Caixa Galicia. ISBN 84-95491-38-9. === Outros artigos === Lista de faros de Galicia Camiño dos Faros === Ligazóns externas === Autoridade Portuaria da Coruña Arquivado 30 de decembro de 2016 en Wayback Machine. Lighthouses of Spain: Northern Galicia (Lugo e Coruña) Arquivado 02 de outubro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés) Punta Mera Anterior Light - Lighthouse Explorer (en inglés) Libro de Faros y Señales de Niebla (España costa noroeste) (en castelán) - Páxina da autoridade portuaria en España (en castelán)
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗