Estatua
Festival de Cans 2010
Cans · O Porriño · Pontevedra
Todavía no hay foto de Festival de Cans 2010
Si tienes una, súbela a Wikimedia Commons ↗ con las coordenadas puestas y llegará sola a este mapa y a cualquier otro que use datos abiertos. O mándanosla.
{{Location|42.16081|-8.59743}}
Estatua en Cans (O Porriño, Pontevedra), a 60 m de altitud, a 1,9 km del Caminho Português de Santiago.
O Festival de Cans é un festival de curtametraxes que se celebra desde 2004 na parroquia de Cans, no Porriño, en paralelo ao Festival de Cannes, no mes de maio. O festival naceu pola semellanza entre os dous nomes (se ben, en francés non se pronuncia o -s final de Cannes). Proxéctanse fundamentalmente curtametraxes galegas e pretende retirarlle todo o cerimonioso que teñen estes certames: as proxeccións non son en cines senón en alpendres, adegas e baixos de casas; en vez de limusinas o "vehículo oficial" son os chimpíns etc., nun concepto que os seus organizadores denominan "agroglamour". Está organizado pola Asociación Cultural Arela e os veciños e veciñas de Cans, baixo a coordinación do guionista Alfonso Pato. Ten dúas seccións principais, unha de ficción e outra de animación. O festival foi ano a ano ampliando as seccións. Dende 2005 existe o "Jalpón Friki", no que se proxectan curtas extravagantes. Dende 2006 estréanse longametraxes, como Por min e por todos os meus compañeiros de Judas Diz ese ano, e en 2007 Abrígate de Ramón Costafreda, Gritos no corredor de Juanjo Ramírez, Só concertinas de Víctor Coyote, Cartas italianas de Marios Iglesias, A noite que deixou de chover de Alfonso Zarauza, Doentes de Gustavo Balza, Personal Movie de Héctor Carré ou Escuchando al juez Garzón de Isabel Coixet. En 2007 abriuse unha sección para mostrar e premiar os mellores videoclips galegos. En 2008 creouse a Sala Multiúsos, que acolle proxeccións acompañadas de actuacións musicais no chamado Jaliñeiro Unplugged. Cada ano as curtametraxes gañadoras en Cans proxéctanse en varias localidades galegas e diferentes cidades e festivais do mundo: xa se proxectaron en Lisboa, Porto, Madrid, Barcelona, Bristol, A Haia, Bruxelas, París, Dournenez e o Sáhara Occidental, entre outros. Polo Festival de Cans teñen pasado, como convidados, premiados ou participantes nos coloquios, Isabel Coixet, Juanma Bajo Ulloa, Fernando León de Aranoa, Manuel Martín Cuenca, Patricia Ferreira Mañá, Luís Tosar, Tristán Ulloa, Mabel Rivera, María Pujalte, José Sacristán, Xoel López, Kiko Veneno, Iván Ferreiro, Coque Malla, Javier Krahe, Manuel Rivas, Lucía Etxebarria, Suso de Toro, El Gran Wyoming, Teté Delgado, Antonio Durán "Morris", Julián Hernández, Suso Iglesias, Monti Castiñeiras, Xosé Barato e Emma Suárez, entre outros. En 2009 recibiu o Premio da Crítica Galicia, na sección Iniciativas culturais. En 2011 a Deputación de Pontevedra concedeulle ao festival o Premio Provincial á Cultura na categoría de Innovación e Vangarda. En 2013 recibiu o Premio Internacional Ateneo de Ourense ao Fomento da Cultura. No ano 2018 foille concedido o Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual.
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Datos
Qué es Estatua
Paredes Piedra
Altitud del punto ≈ 60 m · Terrain Tiles
Pueblo más cercano O Porriño, a 1,9 km
Camino de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,9 km
En el municipio viven 20.935 (2025) · IGE
Llegar en autobús
- Cans Rotondaa 39 mPonteareas E.A.-Vigo E.I. · Maceiras-Hospital Álvaro Cunqueiro · Mondariz-Hospital Álvaro Cunqueiro · Rúa Progreso 99 (marquesiña)-Vigo E.I. · A Caniza-Hospital Álvaro Cunqueiro · As Neves-Vigo E.I.
- Cans Rotondaa 81 mPonteareas E.A.-Vigo E.I. · Rúa Progreso 99 (marquesiña)-Vigo E.I. · Ponteareas E.A.-Hospital Álvaro Cunqueiro · Mondariz-Hospital Álvaro Cunqueiro · Maceiras-Hospital Álvaro Cunqueiro · Valeixe-Hospital Álvaro Cunqueiro
- Cansa 423 mPonteareas E.A.-Vigo E.I. · Rúa Progreso 99 (marquesiña)-Vigo E.I. · Ponteareas E.A.-Hospital Álvaro Cunqueiro · Mondariz-Hospital Álvaro Cunqueiro · Maceiras-Hospital Álvaro Cunqueiro · Valeixe-Hospital Álvaro Cunqueiro
Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.
