Área protegida
Fragas do Eume
A Capela · A Coruña · 1997

As fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997, ademais de ZEC, que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente. Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña, e nel residen 521 persoas[cando?] dos cinco concellos anteriormente nomeados. A área declarada zona especial de conservación (ZEC) coincide cos límites do parque natural. O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ibérico ou diversas aves de rapina.
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- O PAZOa 1.0 kmAs Neves-O Ameneiro · AS NEVES-O AMENEIRO
- GUNXELa 1.1 kmAs Neves-O Ameneiro · AS NEVES-O AMENEIRO
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Al lado de este lugar
- Monasterio de San Juan de CaaveiroMonasterio
- Igrexa de Santa Olaia de SoaserraIglesia
- Igrexa de San Xurxo de QueixeiroIglesia
- Igrexa de Santa Mariña de TaboadaIglesia
- Igrexa de Santa María de CabalarIglesia
- Igrexa de Santiago da CapelaIglesia
- Capela da Nosa Señora das Neves da CapelaCapilla
- Museo Etnográfico da CapelaMuseo