Iglesia

Iglesia de San Lorenzo de Berdillo

Carballo · A Coruña

Iglesia de San Lorenzo de Berdillo

A Igrexa de San Lourenzo é un edificio relixioso situado na parroquia de Verdillo, no concello coruñés de Carballo. == Historia == === Os templos anteriores === O templo primitivo de culto estaba situado no actual cemiterio parroquial e fora reedificado en 1725 e 1727, se ben a súa fachada e espadana databan de 1795. O 8 de maio de 1830, o párroco e arcipreste Ramón Añón e Romero expuña ao prelado a idea de construír unha nova igrexa que non debía ser nin moi maxestosa nin "unha barraca como a anterior". Esta segunda igrexa, situada onde está a actual e sufragada por un particular, rematouse en 1833. A mellor descrición desta igrexa consérvase nunha carta do párroco Agustín Arjomil Santos, do 24 de setembro de 1887, cincuenta anos despois de ser rematada: Relataba que estaba toda abovedada e de fermosas formas, pero construída con materiais de mala calidade —pedra do tipo coñecido como morceña ou tobre, abundante na zona—, o que provocou que a estrutura xa se resentise logo de rematada a obra. Documéntase que aos vinte anos da súa construción houbo que realizar unha serie de obras para evitar o seu derrubamento. En 1900 colócanselle uns estribos para fortalecer os muros e en 1911 realízanse outras obras de reparación. Cara 1917 vese na necesidade de retirar os retablos do interior por risco de derrubamento da construción. Despois dunha treboada comezaron a caer recebos e apareceron importantes fendas e desprazamentos na estrutura, o que levou ao peche do templo. A ruína foi avanzando até que, o 10 de febreiro de 1926, de madrugada, a igrexa derrubouse por completo. A capela do cemiterio, erguida a cabalo entre os séculos XIX e XX, quedou como o único lugar de culto posible. === Construción e ampliación do templo actual === En 1931, o canteiro de Cuntis José Núñez Docampo presenta un proxecto para a nova igrexa, que se localizaría uns metros máis arriba da anterior para contar cun chan firme para os alicerces. O esforzo da veciñanza fai que o templo sexa inaugurado ao ano seguinte, baixo o sacerdocio de Venancio Ruano García. Os actos relixiosos da bendición revestíronse de gran solemnidade, con Eulalio Iriberri como delegado do arcebispo. Orixinalmente constaba dunha única nave, con tribuna de madeira e un longo presbiterio que correspondía ao templo anterior. A afluencia de fregueses á misa dominical fai que en 1951 se lle engadan dúas capelas laterais para aumentar o seu espazo interior, polo que pasa ser un templo de cruz latina. A última modificación faráselle en 1979, cando se lle engade o pórtico lateral, sendo párroco Constantino Campos Pena. == Retablos == No seu interior conserva tres retablos. O retablo maior, que imita as formas neoclásicas, é de 1884, obra de José Sueiro e realizado en Santiago sobre planos de Laureano Cao Cornido. Preside o conxunto unha talla do ano 1882 do patrón, San Lourenzo (obra de Isidoro Brocos e doazón de Ramona Esmoriz). Os dous retablos laterais son barrocos, de pilastra: o de San Roque á esquerda, de 1778 e pintado en 1785, e o do Carme na parte dereita, de 1763 —ano en que tamén se encargou a imaxe da Virxe—. Ambos poderían ser atribuídos a Antonio de Meis, xa que non só os elementos decorativos remiten a el, senón que a talla mariana é idéntica á documentada en Cabanas. A ambos os dous lados do retablo do Carme sitúanse San Cosme e San Damián, enmarcados en 1779; no lado oposto, San Roque aparece rodeado das efixies de San Paulo e San Pedro (esta última, doazón do párroco Pedro Morciego Población en 1790). == Imaxes e ourivaría == Ao longo do templo pódense atopar varias imaxes antigas: San Eleuterio, San Marcos, San Andrés, San Xoán Evanxelista e San Xerome. Hai tamén unha Dolorosa de candeeiro do século XIX e un San Xosé do escultor López Quintáns, autor tamén dun pequeno Sagrado Corazón de Xesús (substituído posteriormente por un de escaiola). O repertorio complétase San Brais, a Inmaculada Concepción e a Virxe do Rosario.…

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar