Iglesia

Iglesia de San Juan

Portomarín · Lugo

Iglesia de San Juan

A igrexa de de San Nicolao de Portomarín, denominada antigamente igrexa de San Xoán de Malta, é unha igrexa-fortaleza construída entre os séculos XII e XIII situada en Portomarín.

Descrición

É un templo dunha única, mais esvelta nave de cinco tramos, destes, o máis próximo á cabeceira está cuberto con bóveda de crucería e o resto está cuberto con bóveda de canón apuntada. Os diversos tramos quedan separados entre si por arcos faxóns que descansan en columnas embebidas. A ábsida, semicircular, cóbrese cun cuarto de esfera, mentres que o tramo recto que a precede leva bóveda de canón. A igrexa recibe a iluminación a través de dous rosetóns, un na fachada occidental e outro sobre o arco que da acceso a ábsida, ademais de fiestras abertas en cada un dos tramos e na ábsida. No exterior, a igrexa destaca polo seu aspecto de fortaleza, xustificado pola situación estratéxica que ocupa ó longo do río Miño, destinada a ser castelo da Orde de San Xoán de Xerusalén, á vez que igrexa. De tal xeito, presenta unha torre de cada unha das esquinas da nave, conectados entre si polo adarve ó longo de todo o perímetro rematado en ameas, ó igual que as torres. O edificio probablemente comezouse a finais do século XII ou nos inicios do século XIII e terminouse no primeiro cuarto do século XIII.

Portais

O carácter sólido e severo das liñas arquitectónicas contrastan coa rica decoración dos seus tres portais: o principal na fachada occidental, os outros dous abertos cara ó norte e ó sur no cuarto tramo da nave. A Portada posúe un tímpano no que se contemplan os 24 anciáns da Apocalipse arredor do Cristo Pantocrátor. Na porta que da ó norte podemos ver no tímpano a Anunciación e ademais pódense ver figuras de sereas, seres con corpo de ave e cabeza humana. Na porta sur aparecen tres figuras humanas, o bispo San Nicolao e dous homes que suxeitan o báculo e o libro.

Traslado

O templo, xunto coa portada románica da igrexa de San Pedro, trasladouse ao crearse no cumio do monte do Cristo o novo poboado de Portomarín en 1962 por mor da construción do encoro de Belesar.

Galería de imaxes

Outros artigos

Orde de San Xoán de Xerusalén

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar