Iglesia
Igrexa de San Vicente de Mañufe
Mañufe · Gondomar · Pontevedra
Foto: HombreDHojalata · CC BY-SA 2.0 es · Wikimedia Commons ↗
Construcción religiosa en Mañufe, Gondomar, a 20 m de altitud, a 160 m del Caminho Português de Nossa Senhora do Norte.
A igrexa de San Vicente de Mañufe é un templo cristián situado no lugar da Moreira, parroquia de Mañufe, concello de Gondomar, comarca do Val Miñor. Levantada sobre outra do século XII, a maior parte da obra actual é barroca, consecuencia dunha gran reforma no século XVIII. Ten como celebración principal a do santo patrón da parroquia, san Vicente, o día 22 de xaneiro. Forma parte da diocese católica latina de Tui-Vigo. Destaca pola súa torre rematada nunha cruz, á que se abraza un home, que a tradición oral di representa ao construtor de orixe portuguesa.
Situación
Sitúase á marxe esquerda da actual estrada provincial PO-2035 que vai do Cruceiro do Acordo (Texosa) a Nande, no núcleo do barrio da Moreira. O igrexario atópase fronte ao Pazo da Escola e dende o seu adro nace o antigo camiño do Verdeal que comunica co barrio do mesmo nome ao nordés da parroquia de Mañufe.
Antigüidade
A primeira noticia desta igrexa procede de mediados do século XII, pero os restos máis antigos conservados no templo son unha parte do muro sur da nave principal, seguramente da Idade Moderna en opinión do arquitecto Antonio Soliño Troncoso.
Estilo e arquitectura
O templo amosa unha planta de cruz latina e bóveda de canón na nave principal, aínda que é probable que nun principio tivese planta lineal, rematada nunha capela maior. No ano 1722 a igrexa é reformada engadíndolle o cruceiro e as naves laterais. Seguindo a descrición do templo de Soliño Troncoso, "algo máis tarde introdúcese no cuadrante sueste outro cubículo para localización da sancristía. Exteriormente a ábsida presenta maior altura que o resto das naves e gran traballo de cantería, sobre todo nos capiteis compostos das pilastras de esquina e nunha curiosa ventá do vento norte. Similar pericia presentan os traballos da fachada occidental rematada en torre-campanario pechada por cupulín". O devandito cupulín está coroado por unha curiosa cruz abrazada polo relevo dunha persoa . Na fachada, sobre a porta de acceso, hai unha fornela coa imaxe policromada de san Vicente, o patrón da parroquia. No interior, "os teitos están resoltos a base de bóvedas, de distinta tipoloxía formal, materializadas en ladrillo cerámico e madeira, en ambos os dous casos rematadas con revocadura e pintura. Baixo o arco triunfal conserva dous púlpitos, un a cada lado, coroados por respectivos tornavoces decorados".
Arte
O templo destaca no Val Miñor como unha das mellores mostras do barroco galego. Salienta polos traballos de cantería nas pilastras que flanquean a fachada principal. No interior destacan polo seu traballo artístico os dous púlpitos coroados por tornavoces decorados, e de maneira moi especial os retablos barrocos da ábsida, sostido por seis atlantes distintos en similar posición e dedicado ao patrón; e os retablos e San Brais e o da Virxe do Carme. Ademais, o templo acubilla excelente imaxinaría do XVII ou XVIII como, por exemplo, un Cristo Resucitado e un san Vicente. Actualmente a igrexa non garda os encalados exteriores e interiores "tan propios do barroco galego e, ademais, substituíuselle a tradicional porta de madeira por unha reixa metálica. "
Complexo igrexario exterior
Adro
O adro está valado por un pequeno muro pétreo e parcialmente pavimentado con tapas graníticas de tumbas do antigo cemiterio que arrodeaba o templo.
Viacrucis
Percorrendo a liña do muro do adro, o viacrucis conserva 9 das 14 estacións con cruces de diferentes tamaños. Tres delas enteiras e o resto con distintas mutilacións sinalan o antigo percorrido a pé que facían os devotos. Na actualidade non se mantén a tradición do percorrido nin celebra devoción algunha sobre as mesmas.
A Casa das Novenas
Antigo lugar de culto e fábrica.
Campo ou torreiro de festas
Situado no ante-adro está elevado sobre a estrada PO-2035, que o separa dos muros do Pazo de Escola. Atópase circunvalado por un muro de cachotaría de granito. No interior levántase un palco de música e un cruceiro coñecido como O Cruceiro da Fe. Completa o espazo parte dun antigo arboredo que sombreaba o recinto. === Palco da Música ===…
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Datos
Qué es Iglesia
Dedicado a Vicente de Huesca
Altitud del punto ≈ 20 m · Terrain Tiles
Pueblo más cercano Gondomar, a 909 m
Camino de Santiago Caminho Português de Nossa Senhora do Norte, a 160 m
En el municipio viven 15.109 (2025) · IGE
Llegar en autobús
- ESCOLAa 64 mCEIP Chano Piñeiro-Gondomar E.A.-Piquetes · CEIP Chano Piñeiro-Gondomar E.A.-Piquetes
- SOLEIRO (PONTE)a 182 mCEIP Chano Piñeiro-Gondomar E.A.-Piquetes · CEIP Chano Piñeiro-Gondomar E.A.-Piquetes
- Mañufe (cruceiro)a 429 mCEIP Chano Piñeiro-Gondomar E.A.-Piquetes · CEIP Chano Piñeiro-Gondomar E.A.-Piquetes
Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.