Iglesia
Igrexa de San Xoán de Vilanova
Vilanova · Miño · A Coruña
Foto: José Antonio Gil Martínez from Vigo, Spain · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Construcción religiosa en Vilanova, Miño, a 79 m de altitud, a 1,3 km del Camiño Inglés.
A igrexa de San Xoán de Vilanova é un templo relixioso de estilo románico da parroquia de Vilanova, no concello coruñés de Miño. A construción desta igrexa a mediados do século XI (1040) é un decidido paso adiante na introdución do románico en Galiza.
Historia
Só se coñecen referencias documentais, de tipo económico, moi serodias, por exemplo o escrito polo cardeal Jerónimo del Hoyo en 1607.[Cómpre referencia]
Descrición
Na igrexa pode distinguirse a fasquía do románico lombardo, en contraste co hexemónico borgoñón e compartida coa Basílica de San Martiño de Mondoñedo e a Igrexa de Santo Antuíño de Toques. A súa cabeceira remata en semicírculo, importante novidade xa que é a primeira ábsida do románico galego con esa planta[Cómpre referencia] e, probabelmente, contemporánea das capelas absidais de San Xoán e San Pedro na catedral compostelá. Coma nestas, a cabeceira de Vilanova cóbrese con bóveda de cuarto de esfera, ou de forno, apeada no muro a través dunha sinxela imposta, coma o arco que enlaza coa nave. Esta cóbrese con teitume de madeira a dúas augas. Aos lados do tambor da ábsida ábrense dúas pequenas xanelas con derramamento cara ao exterior e ao interior (moi habitual nas primeiras igrexas románicas galegas, bardante a catedral de Santiago de Compostela). Na parte alta dos muros laterais da nave trazáronse tres vans en cada un, dos que fican abertos os do sur, xa que o norte se reestruturou e, no medio, abriuse unha porta.
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Datos
Qué es Iglesia
Estilo Arquitectura románica
Dedicado a Xoán o Bautista
Altitud del punto ≈ 79 m · Terrain Tiles
Pueblo más cercano Pontedeume, a 4,1 km
Camino de Santiago Camiño Inglés, a 1,3 km
En el municipio viven 7106 (2025) · IGE
Llegar en autobús
- APEADERO PERBESa 113 mCentro de saúde-Avda. de Xario 2
- Perbes (apeadoiro)a 144 mPontedeume-Monfero (concello) · Pontedeume-Monfero (concello) · Centro salud Pontedeume-Sambollo · Centro salud Pontedeume-Sambollo · Pontedeume-O Andel · Centro de saúde-Avda. de Xario 2
- VESADAa 353 mCentro salud Pontedeume-Sambollo · Centro salud Pontedeume-Sambollo · Centro de saúde-Avda. de Xario 2 · Centro de saúde-Avda. de Xario 2
Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.