Iglesia
Iglesia de Santa María de Cabanas
O Vicedo · Lugo
A igrexa de Santa María de Cabanas é un templo relixioso situado na parroquia de Cabanas (O Vicedo), no lugar da Igrexa. Está dedicado á Virxe María. == Características == O templo mandouno construír no ano 1392 o bispo Francisco da diocese de Mondoñedo, e financiouno o nobre galaico Fernán Peres de Andrade o Boo, motivo polo que hai a figura dun xabaril no pórtico. De estilo oxival, ten unha nave con cuberta de madeira a dúas augas. A portada principal está formada por unha dobre arquivolta que enmarca un tímpano que acolle o escudo dos Andrade sostido por dous paxes. O templo ten dous pórticos: un pechado diante da fachada, que continúa polo muro sur, e outro no muro norte sostido por columnas. No século XVIII engadiuse unha torre acaroada á fachada, de planta cadrada coas esquinas en chafrán con catro vans circulares, e o corpo superior é poligonal con catro vans. == Notas ==
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- Cabanas (igrexa)a 36 mO Vicedo (casa da cultura)-O Caroceiro · O Vicedo (casa da cultura)-O Caroceiro · Viveiro E.A.-O Penido · Viveiro E.A.-O Penido
- Chavína 562 mO Vicedo (casa da cultura)-O Caroceiro · O Vicedo (casa da cultura)-O Caroceiro
- O Penidoa 843 mViveiro E.A.-O Penido · Viveiro E.A.-O Penido
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.