Iglesia

Igrexa de Santa María de Vilaselán

Ribadeo · Lugo

Igrexa de Santa María de Vilaselán

A igrexa de Santa María de Vilaselán é o templo parroquial de Vilaselán (Ribadeo). Máis coñecida como Santuario de Nosa Señora da Vilaselán, é un edificio que data do século XVIII, que alberga no seu interior a imaxe da Virxe que lle dá sona en toda a Mariña lucense e occidente asturiano. == Arquitectura == Dispón dunha nave rectangular con catro arcos faixóns, capela maior cun arco triunfal e bóveda de aresta, dúas sacristías, torre de campás sobre o frontis e pórtico acaroado o muro dereito do templo. No seu interior, retablo maior, de estilo neoclásico e dúas laterais, de similar do mesmo tempo. Dentro do edificio ocupan especial lugar os exvotos, en particular as réplicas de barcos ofrendadas despois de saír airosos de momentos difíciles no mar. == Galería de imaxes ==

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar