Isla
Illa Aguieira
Baiona · Pontevedra

A illa Aguieira, comunmente A Aguieira, é unha illa situada en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona. Atópase no espazo da Costa de Baiona-A Guarda. == Xeografía == Conforma xunto coa illa Carral, a illa Polbeira e as illas Negras o arquipélago das Illas de Silleiro. Ao seren illotes rochosos, son ricos en marisco, especialmente en percebes, polo que son apreciados por parte das mariscadoras. Polo medio hai un camiñiño, que cando a marea está baixa, comunica a Illa Carral coa Aguieira. Chámase o Carreiro do Medio ou da Aguieira. == Notas ==
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗