Isla

Isla de Arosa

A Illa de Arousa · Pontevedra

Isla de Arosa

A illa Arousa, A Arousa, ou illa de Arousa é unha illa galega situada no interior da Ría de Arousa, e que forma parte do concello da Illa de Arousa na provincia de Pontevedra, constituíndo a maioría da extensión do termo municipal; o demais é constituído polos illotes de Guidoiro Pedregoso (coñecido tamén só como Guidoiros) e Guidoiro Areoso (coñecido tamén só como Areoso). Na actualidade é a única illa habitada do termo municipal, correspondente coa parroquia da Illa de Arousa, e a máis habitada de Galiza. == Etimoloxía == Segundo E. Bascuas, Arousa é unha forma de orixe paleoeuropea, derivada da raíz indoeuropea *er- 'mover'. Este topónimo está rexistrado no ano 899 como "insulam Arauza". Outras teorías vincularon o topónimo a outras raíces preindoeuropeas, a linguas goidélicas ou ao latín. == Xeografía == Ten unha superficie aproximada de 7 quilómetros cadrados e a poboación (de arredor de 5000 habitantes) concentrábase historicamente nun estreito istmo e os seus arredores. O istmo une unha pequena península onde se atopa o Con do Forno, o punto máis alto do municipio (69 m) co resto da illa. Enlaza coa Península Ibérica mediante unha ponte de dous quilómetros de lonxitude, que foi inaugurada en 1985. Ten uns 36 quilómetros de costa, dos cales 11 son praias, de area branca e fina. Ten restos arqueolóxicos romanos e da Idade do Ferro nos arredores da praia do Naso e Os Bufos (un castro e unha necrópole, entre outros), en parte espoliados. == Xeoloxía == A maior parte da Arousa está formada por rochas metamórficas e graníticas. A parte norte forma parte, xunto con case a totalidade de Sálvora, Ribeira e a maior parte do Salnés do plutón de Caldas de Reis. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Illa Guidoiro Areoso A Illa de Arousa (concello) A Illa de Arousa, A Illa de Arousa (parroquia) Ponte da illa de Arousa Ría de Arousa === Ligazóns externas === Guidoiro Dixital: erosión litoral e arqueoloxía (wordpress.com) Na procura dos topónimos da Illa de Arousa (lavozdegalicia.es) Historia e historias da Arousa: Máis sobre o topónimo "Arousa" (pandulleiros.blogspot.com)

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar