Montaña
Macizo Central
Manzaneda · Ourense · 2004

O Macizo Central ourensán é un espazo natural montañoso formado pola serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro. Este macizo é unha área protexida coa cualificación de zona especial de conservación (ZEC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural. O Macizo Central ourensán esténdese polos concellos do Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Maceda, O Castro de Caldelas e Montederramo. A zona acolle, á beira do seu cumio máis alto, Cabeza de Manzaneda (1.781 m), a única estación de esquí de Galicia (Estación de montaña Manzaneda). == Galería == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1 === Outros artigos === Montes de Galicia === Ligazóns externas === Webcam da CRTVG no cumio da Pista do Regato da Estación de Cabeza de Manzaneda
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- Manzanedaa 395 mVilarmeao (marquesiña)-Manzaneda-Ourense E.I. · Vilarmeao (marquesiña)-Manzaneda-Ourense E.I. · Paradela de Abaixo-A Pobra de Trives · VILARMEAO (MARQUESIÑA)-MANZANEDA · Vilarmeao (marquesiña)-Manzaneda · Paradela de Abaixo-A Pobra de Trives
- CEIP DE MANZANEDAa 552 mVILARMEAO (MARQUESIÑA)-MANZANEDA · Vilarmeao (marquesiña)-Manzaneda · SOBRADO-A MATA · Sobrado-A Mata
- Sobradoa 616 mVilarmeao (marquesiña)-Manzaneda-Ourense E.I. · SOBRADO-A MATA · Sobrado-A Mata
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.