Yacimiento arqueológico

Marco Medieval de Porto Lampai

Padrón · A Coruña

Marco Medieval de Porto Lampai

O Couto de Lampai foi un terreo doado en 1156 polo rei Afonso VII ao plebeo Sancho Eanes. A doazón está confirmada nun documento conservado no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela (tombo B, folio 222), redactado o 29 de outubro dese mesmo ano.

Toponimia

A orixe do topónimo é o latín cautum, que é un "(lugar) cercado", para poder defendelo mellor.

Localización

Está situado na parroquia de Cruces (Padrón), preto de Iria Flavia e da parroquia de Lampai (Teo). O terreo ten 22 hectáreas, e abrangue varias entidades de poboación. Está atravesado pola vía portuguesa do camiño de Santiago e pola autoestrada AP-9. Limitaría ao norte cos montes das Penises e Figueira Labrada, ao sur cos montes de Pastoriza, ao leste co lugar de Lampai, e ao oeste cos lugares de Queiruga e Pazos.

Marcos

O couto está definido con catro marcos como lindes do terreoa. O marco I está a carón do rego de Tarrío (entre O Pedroso do Norte e Lampai), no actual límite entre os concellos de Padrón e Teo. Inclúe o texto era mcmxciv et quotum i kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit ("ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este padrón"). O marco II, pegado a unha canteira (entre O Pedroso do Norte e Queiruga) ten un texto na cara norte (co texto patronim statuit), seis coviñas na cara leste, e unha cruz na cara oeste. O marco III (entre O Pedroso do Vendaval e Pazos -¿Reis?- en Padrón) ten unha inscrición no lado oeste, que remata coa fórmula patronim statuit. O cuarto marco descubriuse en 2002.

Galería de imaxes

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar