Monasterio
Monasterio de los Santos Xusto y Pastor
Toxosoutos · Lousame · A Coruña
Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga Commons)(Lmbuga Galipedia) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Bien de interés cultural, a 294 m de altitud, a 6,3 km de Noia.
O Mosteiro dos Santos Xusto e Pastor de Toxosoutos é un antigo mosteiro, hoxe abandonado, no lugar de San Xusto, no concello de Lousame. Segundo afirmou Hipólito de Sa
Historia
Foi fundado o 1 de novembro de 1129, trala doazón da ermida de san Xusto a Froila Alonso e Pedro Muniz de Carnota por parte do mosteiro de San Paio de Antealtares o 16 de outubro de 1127. En 1135 foi consagrado polo arcebispo Xelmírez. Afonso VII favoreceuno e eximiuno dos tributos debidos á sé compostelá, o mosteiro tamén gozou da protección a familia dos Condes de Traba. As súas posesións incluían Noia, Lousame, Outes, Muros e tamén 47 igrexas e 17 municipios. Tivo 22 abades entre 1135 e 1498. Seguindo a reforma monástica feita polos Reis Católicos, o bispo de Tui Diego de Muros mandou irmandalo co mosteiro de Sobrado dos Monxes en 1475, polo que foi incorporado ao mesmo en 1504, e pasou a pertencer á orde do Císter. Recuperou parte do seu esplendor durante os séculos XVII e XVIII, pero decaeu coas invasións napoleónicas e desapareceu coa desamortización de Mendizábal. En 1921 o sacerdote da parroquia, con autorización do arcebispado de Compostela, vendeu os restos do claustro románico, do século XIII, ao vizconde de San Alberto, que o instalou no Pazo da Pena do Ouro, preto de Noia. Nel elaborouse no século XII o Tombo de Toxosoutos, manuscrito famoso polas súas miniaturas.
Outros artigos
Mosteiros e conventos de Galicia
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Datos
Qué es Mosteiro
Protección Ben de Interese Cultural
Altitud del punto ≈ 294 m · Terrain Tiles
Pueblo más cercano Noia, a 6,3 km
En el municipio viven 3060 (2025) · IGE
Llegar en autobús
- O Batána 275 mSantiago-Bertamiráns-Noia · Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros · Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros · Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros-Cee-Fisterra · A Coruña-AP-9-Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros · Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros-Cee-Fisterra
- O Batána 284 mSantiago-Bertamiráns-Noia-Muros · Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros-Cee-Fisterra · Santiago-Bertamiráns-Noia · Santiago-AG-56-Urdilde-Noia-Muros (por San Caetano) · A Coruña-AP-9-Santiago-Noia-Muros (por Gándara) · Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros-Cee
- Sedofeitoa 908 mSantiago-Bertamiráns-Noia · Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros · Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros · Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros-Cee-Fisterra · A Coruña-AP-9-Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros · Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros-Cee-Fisterra
Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.

