Museo
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Ribadavia · Ourense
.jpg?width=640)
O Museo Etnolóxico de Ribadavia, inaugurado en 1993,de titularidade estatal e xestión transferida á Xunta de Galicia, primeiramente funcionou como sección do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Foi concibido por Manuel Chamoso Lamas. == Descrición == Situado no Pazo de Baamonde ou Casa da Fundación Martín Vázquez, conta cos fondos Jesús Sánchez Orriols Chucho, Rubén García Álvarez e Meruéndano. Reúne importantes coleccións etnográficas de distintas zonas da Provincia de Ourense, desde finais do século XIX ata os nosos días, como cerámica, útiles de oficios tradicionais, apeiros de labranza, artes de pesca fluvial etc. Mención á parte merece a colección de obxectos relacionados co viño e a vide, produción característica da Comarca do Ribeiro. Destaca tamén a biblioteca especializada en antropoloxía e etnografía e unha abundante documentación sobre tradicións orais, así como un fondo que supera as 350.000 imaxes fotográficas e material documental sobre o teatro galego, incluído un fondo procedente da Asociación Cultural Abrente. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === "Museo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. === Outros artigos === Ángel Llanos Museos de Galicia === Ligazóns externas === https://museoetnoloxicoribadavia.xunta.gal
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- Ribadavia (San Francisco)a 208 mO Carballiño (auditorio)-Ribadavia E.A. · Ribadavia E.A.-Hospital Álvaro Cunqueiro · Ribadavia E.A.-Vigo E.I. · O Carballiño (auditorio)-Ribadavia E.A. · IES de Ribadavia-Barzamedelle · IES de Ribadavia-Barzamedelle
- SAN FRANCISCOa 216 mIES de Ribadavia-Barzamedelle · IES de Ribadavia-Barzamedelle · CEIP de Ribadavia-Esposende · CEIP de Ribadavia-Esposende
- A FOZa 288 mIES de Ribadavia-Remuíño · IES de Ribadavia-Remuíño
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.