Museo

Museo Gallego del Juguete y la Marioneta

Lalín · Pontevedra · 2001

Museo Gallego del Juguete y la Marioneta

O Museo Galego do Xoguete e a Marioneta, inaugurado en outubro do 2001, e albergado, dende o 13 de decembro de 2014, no Pazo de Liñares, é froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Lalín e compañía de monicreques Viravolta, que aproveita este espazo permanente para mostrar a súa colección de marionetas (máis de 300 pezas) e para fomentar o gozo, estudo e recuperación da arte dos monicreques. O museo amplía cada ano o seu fondo documental coa incorporación de novas pezas, libros, vídeos e outros materiais sobre esta materia. == Descrición == No ano 1998, con motivo do 15 aniversario da primeira estrea como compañía de monicreques de Viravolta, realizouse unha exposición conmemorativa no Museo Municipal de Lalín, que foi o punto de partida para a creación da Casa do títere, onde o concello exerce a titularidade e as compañías Viravolta e Seisdedos son as encargadas da súa xestión. O Museo Galego da Marioneta mantén unha programación estábel, organizando talleres de iniciación, cursos para profesionais dos monicreques e da educación e mostras de teatro de marionetas como Titirientroido, Titirideza e Cantos e Contos de Nadal == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Pazo de Liñares === Ligazóns externas === "Museo do Xoguete e a Marioneta". Turismo de Lalín.

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaWeb oficialCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar