Cascada
Parque natural Ría Barosa
Barro · Pontevedra
Foto: Juan Mejuto · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Cascada en Barro, Pontevedra, a 42 m de altitud, a 520 m del Caminho Português de Santiago.
O Parque da Natureza do Río Barosa é un espazo natural do norte do concello de Barro, na provincia de Pontevedra, preto do límite co concello de Portas, sito a carón da estrada N-550 que comunica Pontevedra con Santiago de Compostela.
Características
O río Barosa descende por varias fervenzas salvando un desnivel de 60 metros, no cal foron construídos 12 muíños, algúns deles rehabilitados pola Escola Obradoiro "Camiño de Santiago-Barro". O Barosa desauga no río Chaín, á súa vez afluente do río Umia. Na parte baixa do parque hai unha pequena lagoa, varias cales de auga, varias pontellas e dúas pontes canadenses de madeira que comunican a beira do río cunha insua acondicionada como zona recreativa. A vexetación tamén é de salientar, principalmente constituída por especies de ribeira na parte baixa rodeadas de fragas nas abas do monte. A principal especie é o carballo (Quercus robur L.) Nas carballeiras atopamos outras especies: amieiro, castiñeiro, bidueiro, abeleira, pradairo, salgueiro, cerdeira brava, pereira brava etc. Algunhas especies amosan a influencia mediterránea, é o caso do loureiro, o érbedo ou o piñeiro bravo (Pinus pinaster). Tamén hai eucaliptais nas partes altas. Unha ruta de sendeirismo chamada "Sendeiro dos muíños da Barosa" percorre o parque de comezo a fin por unha das beiras do río, e volve pola outra beira ata o comezo, completando uns 4 km de andaina. Varios paneis informan da dificultade e lonxitude do camiño. No verán é cando recibe máis visitantes, algúns deles peregrinos que chegan facendo o Camiño Portugués. Unha placa recorda que neste lugar, en 1809, e no marco da guerra da Independencia, tivo lugar un enfrontamento entre o batallón do cadete Benito Godoy Araujo e unha carruaxe do mariscal Soult que provocou no duque de Wellington palabras de loanza para os galegos en xeral: "Españois, adicádeos a imitar ós inimitábeis galegos".
Outros artigos
Galería de imaxes do río Barosa Galería de imaxes dos muíños de Barro
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Datos
Qué es Parque · Fervenza
Altitud del punto ≈ 42 m · Terrain Tiles
Pueblo más cercano Santo Antoniño, a 3,5 km
Camino de Santiago Caminho Português de Santiago, a 520 m
En el municipio viven 3686 (2025) · IGE
Llegar en autobús
- Monlloa 502 mCEIP Amor Ruibal-A Maquieira · CEIP Amor Ruibal-A Maquieira · IES de Barro-A Maquieira · IES de Barro-A Maquieira
- A Maquieiraa 534 mCPI Domingo Fontán-A Maquieira · CEIP Amor Ruibal-A Maquieira · CPI Domingo Fontán-A Maquieira · CEIP Amor Ruibal-A Maquieira · IES de Barro-A Maquieira · IES de Barro-A Maquieira
- Costenlaa 575 mCEIP Amor Ruibal-A Maquieira · CEIP Amor Ruibal-A Maquieira · IES de Barro-A Maquieira · IES de Barro-A Maquieira
Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.

