Pazo

Pazo da Mota

A Estrada · Pontevedra

Aínda non hai foto de Pazo da Mota

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.73899|-8.40205}}

O Pazo da Mota é unha casa señorial galega situado no lugar da Mota na parroquia de Riobó, no concello da Estrada.

Historia

O morgado do pazo da Mota foi fundado por Xoán Otero (1716-1799). O seu bisneto, o maxistrado Manuel Otero Maquieira, vendeu case toda a súa herdanza en 1852 a Ramón María Otero Estévez, que casara coa viúva do seu irmán Eduardo. Ramón e a súa esposa Ramona Arén, sen fillos, nomearon como herdeiros aos fillos ilexítimos de Pío Otero, Gumersindo e Blandina Concepción.

O edificio

É un edificio de planta en "L", construído por planta baixa e piso. O portal de entrada ten un van alintelado recercado de moldura plana rematada con espadana. As fiestras son rectangulares recercadas de moldura. Ten galería e solaina. Conta cun celeiro integrado na casa e unha adega con bóveda de pedra.

Construcións anexas

Ten un hórreo de 10 claros e fonte sobre a que sobresae o escudo de armas da familia Guntín Taboada. Pola fachada principal accédese á capela na que hai un cruceiro presidindo a entrada.

Outros artigos

Pazos de Galicia

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar