Pazo
Pazo de Castrelos
Vigo · Pontevedra

O Pazo de Castrelos é unha casa señorial que se atopa no parque do mesmo nome, na parroquia de Castrelos, en Vigo. Declarado monumento histórico artístico dende 1955. O edificio data do século XVII. Na actualidade pertence ao concello de Vigo e é sede do Museo Municipal Quiñones de León, no que destaca a presenza de coleccións de arqueoloxía e arte galega. == Historia == A orixe remóntase ao antigo Pazo da Lavandeira, construción levantada cara ao ano 1670, anos despois da fundación do morgado polo capitán Johan Tavares en 1665 (como recolle o escudo de armas da fachada principal). Esta familia permanece na propiedade até o século XVIII en que deixará paso aos Montenegro e a comezos do XIX ao marquesado de Valladares. A finais do século XIX ao terreo e o pazo son herdados por dona María de los Milagros Elduayen, VII Marquesa de Valladares, e seu home Fernando Quiñones de León, Marqués de Alcedo, os cales emprenderon unha importantísima reforma do edificio. O temperán falecemento da marquesa fixo que o pazo pasase a mans do seu fillo Fernando Quiñones de León Elduayen, VIII Marqués de Valladares. En 1918 este pereceu sen descendencia deixando como herdeiro a seu pai e como usufrutuaria vitalicia a súa esposa, Marianne de Wythe. Foi seu pai quen o 12 de decembro de 1924 doou ao pobo de Vigo a propiedade, condicionando a súa doazón a que se dispuxesen nel un museo e un parque público. O concello indemnizou á viúva para que renunciase ao seu dereito usufructuario en xullo de 1934. O 9 de marzo de 1935 constitúese o primeiro padroado e abre ao público como museo o 22 de xullo de 1937. == Arquitectura == === Orixes === O antecedente arquitectónico do edificio actual é a citada na documentación como Torre de Lavandeira que probabelmente se levantaba no mesmo lugar que o pazo ocupa hoxe en día. A súa denominación como torre alude a unha tipoloxía herdeira da arquitectura militar medieval. No marco dos enfrontamentos fronteirizos con Portugal a consecuencia do proceso de independencia iniciado en 1641 no país veciño prodúcese a devastación da torre de Lavandeira, erguéndose en 1670 o novo edificio do morgado fundado polo capitán Johan Tavares. === Exterior === Constrúese un edificio de nova planta inspirado no achegado e acabado de construír no lugar da Torre Busteu (1633) Pazo de San Thomé (Pazo da Pastora), exemplo de palacete renacentista urbano castelán implantado no rural galego polo vencello dos seus propietarios coa Corte. O edificio segue a tipoloxía de corpo flanqueado por dúas torres, actualmente moi reformado e ampliado cun engadido na parte posterior, e un distribuidor perpendicular que aloxa a capela e o pavillón de servizos. Estas ampliacións e reformas foron emprendidas polo Marqués de Alcedo a finais do século XIX e principios do XX. A planta está composta dun corredor rectangular. Diante da fachada principal esténdese un amplo patio cun estanque circular. A planta ten un corpo central caleado, agás no zócolo, na contorna de ocos e escudo con armas dos Tavares. Os ocos posúen desaugadoiros e balcóns de ferro forxado. Termina o corpo central cun entaboado coroado por ameas. As dúas torres son idénticas, de cadeirados de planta cadrada. Ocos sinxelos, cun balcón no segundo andar, escudo entre o segundo e terceiro e remate de ameas. === Interior === O interior responde ao prototipo de palacio urbano, conferíndolle a cada andar unha funcionalidade diferente. A planta terrea está destinada ás habitacións de servizo, cociña e almacéns. Na planta nobre (sobrado) sitúanse salóns e cuartos. A escaleira que os comunica está situada na ampliación realizada a finais do XIX e foi executada no século XX. Porén, o interior do edificio foi obxecto de importantes remodelacións, que nos impiden recoñecer como era exactamente a súa distribución inicial.…
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- Pereiróa 504 mGondomar E.A.-Rúa Areal · Vigo E.I.-Gondomar E.A.-Morgadáns-Gondomar E.A.-Vigo E.I. · Ponte Internacional-Malvas-Tui-Mosende-Alto de San Colmado-CUVI-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Morgadáns-Gondomar-Vigo E.I.
- Pereiróa 507 mGondomar E.A.-Rúa Areal · Vigo E.I.-Gondomar E.A.-Morgadáns-Gondomar E.A.-Vigo E.I. · Ponte Internacional-Malvas-Tui-Mosende-Alto de San Colmado-CUVI-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Morgadáns-Gondomar-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I.
- Praza As Travesasa 837 mSantiago-Padrón-Caldas-A Xunqueira-Vigo · A Xunqueira-Vigo
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.