Pazo
Pazo de Cores
A Baña · A Coruña
Aínda non hai foto de Pazo de Cores
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|42.92768|-8.76312}}
O pazo de Cores é unha casa señorial tradicional situada en Seoane (Barcala, A Baña). Nel atópase o hórreo en madeira máis grande de Galiza, así como un carballo centenario.
Historia e descrición
O pazo data — segundo documentación patrimonial — da Idade Moderna, con construción atribuída ao século XVIII. A edificación presenta planta rectangular, muros de cantaría e cuberta de tella a dúas augas. O recinto inclúe a casa señorial, dependencias adicadas ao servizo, capela privada, e está rodeado por un gran muro de perpiaño. No acceso principal hai unha zona arborada que dá paso aos xardíns, onde destacan camelias, magnolios, buxo, estanques e espazos verdes. Dentro do recinto atópanse dous hórreos — un de 10 e outro de 7 claros — sendo o de 10 claros considerado un dos maiores hórreos de estilo “Amaía” de Galicia. Tamén conta con pombal, vella eira, hortas, xardíns e outros elementos característicos dos pazos galegos.
Estado actual e uso
O pazo está en uso como espazo hostaleiro dedicado a celebracións e eventos (vodas, eventos privados, corporativos, etc.). Ocupa un terreo de aproximadamente 30.000 m². O acceso ao público non é libre, ao estar dedicado a eventos privativos, salvo concertar previamente.
Relevancia patrimonial
O pazo aparece catalogado como “pazo / casa grande” no catálogo patrimonial galego, dentro da parroquia de Barcala, en A Baña. A súa tipoloxía, muros de cantería, estrutura tradicional galega e elementos como hórreos, xardíns e pombal forman parte do patrimonio arquitectónico rural da comarca de Barcala.
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- Coresa 93 mCPI de San Vicente-Cores · CPI de San Vicente-Cores
- Moldesa 338 mCPI de San Vicente-Cores · CPI de San Vicente-Cores
- Seoanea 385 mSantiago E.I.-Muxía (porto) · CPI de San Vicente-Busto · NEGREIRA-SANTA COMBA (Noitebus)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.