Pazo
Pazo de Saa
Cenlle · Ourense
O pazo de Saa é unha construción civil situada na aba de Saa, na parroquia de Sadurnín (concello de Cenlle). Foi unha das casas mais poderosas da comarca do Ribeiro. == Historia == Considérase a don Gregorio Arias Mariño, familiar do Santo Oficio, como fundador do morgado e Casa de Saa. == Descrición == O pazo forma un conxunto arquitectónico rodeado de murallóns que en parte ten continuidade co edificio e en parte o illa dentro da leira. A fábrica é de perpiaño, presentando unha planta en U coas coxías laterais desiguais e a máis curta formando un ángulo agudo coa central. Pechan os tres corpos un pequeno patio inscrito aberto nun dos lados. A fachada principal e a formada polos tres corpos en torno ao patio. Nun deles presenta unha solaina de pedra apeada sobre un muro con vans no piso baixo e do que sobresae a repisa moldurada. A cuberta sostense por columnas ben labradas, con base moldurada, fuste liso e capitel formado por un touro. Estas sostéñense sobre pedestais que lles dan maior altura e esvelteza. No ángulo que fan a fachada sur e a leste vese un garitón apoiado en dous canzorros de dobre moldura, caveto e cuarto bocel, con cornixa máis coidada que o resto do edifico, con seteiras e rica pedra armeira. Na fachada orientada ao nacente hai un gran solaina. No patio, separada do edificio principal estaba a capela hoxe en día desaparecida. No garitón escudo de difícil interpretación. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Pazos de Galicia === Bibliografía === Rivera Rodríguez, M. T. (2000). Pazos Ourensanos. Edilesa. Obra Social de Caixanova.
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- AS CHABOLASa 573 mOurense E.I.-Ribadavia E.A. · Ourense E.I.-Ribadavia E.A. · Ourense E.I.-A Cortella (cruzamento) · Ourense E.I.-A Cortella (cruzamento) · CEIP de Ribadavia-Sanín (marquesiña) · IES de Ribadavia-Barbantes-Estación
- Sanín (marquesiña)a 688 mCEIP de Ribadavia-Sanín (marquesiña) · IES de Ribadavia-Barbantes-Estación · IES de Ribadavia-Barbantes-Estación
- Sanín (marquesiña)a 801 mCEIP de Ribadavia-Sanín (marquesiña)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.