Pazo

Pazo dos Xil

Lalín · Pontevedra

O Pazo dos Gil ou Pazo dos Xil está situado na parroquia lalinense de Barcia, no camiño que une Barcia e Ribela. Foi construído no século XVII, sendo un edificio vinculado ás casas de Bergazos e Des. No seu escudo figuran armas dos Gil, Taboada, Varela, Camba e Deza. A planta do edificio é en ele. A solaina está sostida por columnas con capiteis decorados. A factura é de sólidos muros de perpiaño. As columnas do piso inferior están decoradas con diversos motivos. Incluída na construción atópase unha torre lateral rematada con floróns e gárgolas. O conxunto está flanqueado por un muro de cantería, coa entrada principal de perpiaño en arco de medio punto rematado este por un frontón e escudo sobre a clave. == Véxase tamén == === Outros artigos === Pazos de Galicia

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar