Muralla

Puerta del Santo Cristo

Viveiro · Lugo

Puerta del Santo Cristo

A Porta da Vila ou Porta do Cristo do Amparo (tamén do Santo Cristo) é unha das tres portas actualmente en pé da antiga muralla da vila de Viveiro (tiña seis portas e catro portelos), na provincia de Lugo. Data do século XIII e é a entrada principal á cidade pola antiga calzada romana. == Características == O muro é de fábrica de cantaría de granito cun van formado por un sinxelo arco de medio punto con bóveda de canón. No interior hai unha campa de lousa coa seguinte inscrición: "Era M CC L V in tempo R AF", que se transcribe coma: "Era 1255 (ano 1217) en tempo do rei Afonso", referíndose a Afonso IX, rei de León e Galicia. Na súa parte posterior presenta unha fornela coa imaxe do século XVIII do Cristo do Amparo - que lle dá nome a esta entrada - e aos seus costados a Virxe a chorar e San Xoán, do século XVI. A porta sae na rúa Rosalía de Castro, unha das principais e máis nobre de Viveiro. A edificación está considerada dende o ano 1949 Ben de Interese Cultural dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Viveiro Porta de Carlos V Porta do Valado

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Para ir

Silla de ruedas

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar