Playa
A Torre
Taragoña · Rianxo · A Coruña
Foto: Certo Xornal · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Playa española, a 3 m de altitud, a 51 m del Camiño A Orixe.
A praia da Torre, chamada así por mor da presenza do sitio arqueolóxico da fortificación medieval (Castelo da Lúa) existente na punta da Torre, ou tamén coñecida como " A Salgueiriña" quizais pola abondosa presenza de Salix Atrocinerea (salgueiro). O areal esténdese e está limitado pola punta de Iñobre ou punta da Posta e a desembocadura do río Té, cunha lonxitude de aproximadamente de 1.200 metros. A praia localízase na parroquia de Taragoña (concello de Rianxo), no fondo da ría de Arousa, na zona coñecida como enseada de Beluso, na comarca do Barbanza. É unha praia acolledora de grande amplitude e con area fina, inda que ao longo da súa historia se produciron frecuentes períodos de espolio da area. Esixe un grande percorrido para non acalar ou topar profundidade nas mareas baixas; o seu acceso é sinxelo e aceptábel, dúas pistas alcatranadas inda que existen distintos camiños e sendeiros para acceder a distintas partes do areal. Esta praia ofrece gran cantidade de zonas arboradas e cunha variedade florística moi ampla, no tocante á fauna no período invernal chegan multitude de parellas de Alavanco real, así coma corvos mariños, garzas... No seu momento chegou a posuír dúas cantinas ou chiringuitos, estando soamente na actualidade unha activa, que abre na tempada de verán. Así mesmo, na actualidade posúe un paseo marítimo dos máis afamados da comarca, ademais de distintos servizos, como aparcadorios, acceso a discapacitados, fontes, áreas de recreo...
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Datos
Qué es Praia de area branca
Longitud 930 m
Altitud del punto ≈ 3 m · Terrain Tiles
Pueblo más cercano Rianxo, a 1,8 km
Camino de Santiago Camiño A Orixe, a 51 m
En el municipio viven 10.755 (2025) · IGE
Llegar en autobús
- Ponte de Téa 552 mRianxo (centro saúde)-Burata (bar Romero) · Rianxo (centro saúde)-Burata (bar Romero) · CEP Xosé María Brea Segade-Ponte de Té · CEP Xosé María Brea Segade-Ponte de Te-Campo de Pazos
- Rianxo (Ponte de Té)a 576 mSantiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Ribeira E.A. (AP9-AG11) · SANTIAGO E.I.-RIBEIRA E.A. (AP9-AG11) · SANTIAGO E.I.-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Ribeira E.A.
- Rotonda AG-11a 677 mRibeira-A Pobra do Caramiñal-Boiro-Pontevedra-AP-9-Vigo · Ribeira-A Pobra do Caramiñal-Boiro-Pontevedra-AP-9-Vigo
Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.