Playa

Playa de Barra

Cangas de Morrazo

Playa de Barra

A praia de Barra é un areal do concello de Cangas de Morrazo, situado ao final da península de Morrazo, na ría de Vigo, ao abrigo do cabo de Punta Subrido. == Localización e características == Está situada no lugar de Donón, rodeada de piñeiro autóctono e dunas. Forma un continuo areal xunto coa praia de Area Meán, máis urbanizada, da que a separa un pequeno promontorio rochoso cunha pequena baía que serve de lugar de amarre para naves de recreo. Esta praia foi unha das primeiras de Galiza onde se permitiu o nudismo, sendo na actualidade unha das máis afamadas praias nudistas do país. Ao estar na boca da ría as augas do océano Atlántico están máis frías que nas praias interiores. Porén, a súa situación tamén ofrece unha auga moito máis limpa. Forma parte do espazo protexido pertencente á Rede Natura 2000, de cabo Home e a Costa da Vela, e é veciña do parque nacional das Illas Atlánticas. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Praias de Cangas de Morrazo === Ligazóns externas === Información do Ministerio de Medio Ambiente sobre Barra (en castelán).

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Al lado de este lugar