Playa
Playa de Puente Sampayo
Pontevedra

A praia de Ponte Sampaio ou praia de Fontaíña é unha praia galega localizada no municipio de Pontevedra, na provincia de Pontevedra. Trátase dunha praia marítimo-fluvial semiurbana e conta cunha extensión de 150 metros.
Localización e acceso
A praia está localizada na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, concretamente na beira dereita da desembocadura do río Verdugo. Está localizada a 500 metros da ría de Vigo e a aproximadamente 10 km do centro da cidade de Pontevedra. A praia sitúase a 150 metros da ponte de Ponte Sampaio, nunha zona coñecida como A Xunqueira. A praia é facilmente accesible a pé e por estrada. As vías de comunicación máis próximas son a PO-264 e a N-550.
Descrición
Trátase dunha praia case rectilínea, situada nun contorno semiurbano. Está catalogada como unha praia marítimo-fluvial de area branca e grava, localizada nunha zona de augas calmas. A praia ten aseos, duchas, zonas verdes e espazos de xogo infantil, así como un servizo de socorrismo. Existe un proxecto de ampliación da praia no que se prevé un aumento da área dispoñible.
Outros artigos
Ponte Sampaio Praia do Lérez Praia de Praceres Río Verdugo
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- CEIP de Ponte Sampaioa 143 mArcade (Abanca)-Paredes arriba · IES de Soutomaior-Paredes arriba · IES de Soutomaior-Acevedo · Arcade (Abanca)-O Rañadoiro · Arcade (Abanca)-Paredes arriba
- Arcade (Abanca)a 389 mAvda. de Compostela (A Xunqueira)-Castelo de Soutomaior-Pazos de Borbén · CEIP Manuel Padín-Arcade (Abanca) · CEIP Manuel Padín-Arcade (Abanca)
- Arcade (Abanca)a 393 mAvda. de Compostela (A Xunqueira)-Castelo de Soutomaior-Pazos de Borbén · Arcade (Abanca)-Paredes arriba · Arcade (Abanca)-O Rañadoiro · Arcade (Abanca)-Paredes arriba
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.