Santuario
Santuario de Nuestra Señora de las Ermitas
A Lama · Pontevedra · 1893

O Santuario da Nosa Señora das Ermidas é un santuario católico situado no lugar da Fonte Santa, no monte do Ceo, na parroquia de Antas, no concello da Lama. Atópase na serra do Suído, a uns 640 metros de altitude, nun espazo de elevado valor paisaxístico. == Historia == Segundo a tradición popular, a orixe do santuario está relacionada co achado dunha imaxe pétrea da Virxe no lugar coñecido como As Sete Fontes. A tradición relata que as parroquias de Antas e Xende disputaron a posesión da imaxe, que aparecía repetidamente no lugar onde fora atopada, motivo polo que finalmente se decidiu construír alí unha capela. As orixes documentais do santuario son pouco coñecidas, aínda que a tradición oral distingue unha primeira etapa sen documentación escrita, seguida da construción dunha primeira capela e dunha posterior ampliación que deu lugar ao edificio actual. == Romaría == O santuario constitúe un dos principais centros de devoción mariana do concello da Lama. Cada ano celébrase unha romaría na honra da Nosa Señora das Ermidas, que reúne fieis procedentes dos concellos da contorna e que se desenvolve no campo da feira situado xunto ao templo. == Notas ==
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- A Moa (Antas)a 449 mLama(Centro)-A Aldea Arriba (Cernedo) · Lama(Centro)-A Aldea Arriba (Cernedo)
- A Moa (Antas)a 627 mDoade-A Lama (centro saúde) · Doade-A Lama (centro saúde)
- A Canceleiraa 727 mCEIP A Lama-Taboadelo · CEIP A Lama-Taboadelo
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.