Montaña
Sierra de Faladoira
Ortigueira · A Coruña

A serra da Faladoira é unha serra galega pertencente á chamada dorsal galega. Esténdese entre os concellos de Mañón e Ortigueira e pecha ao norte na depresión das Pontes. Está conformada por lousa negra xunto con gneis, ollo de sapo, xisto cristalino e arenito. Sobresaen, amais, cristas de granito e cuarcita. Conserva algunhas carballeiras, mais sobre todo está ocupada por plantacións de eucalipto. O punto de maior altitude é o monte Caxado, con 756 metros sobre o nivel do mar, o segundo punto máis alto da provincia da Coruña. == Véxase tamén == === Bibliografía === As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- SAN MARTIÑOa 1.1 kmOrtigueira-As Bouzas
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.