Árbol singular
Alcornocal del Arnego
Cercio · Lalín · Pontevedra · 330 m
Foto: Iscream icecream · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Bosque en el valle del río Arnego, provincia de Pontevedra, España, a 330 m de altitud, a 6,2 km de Agolada.
O Sobreiral do Arnego é unha área forestal no val do río Arnego formada principalmente por sobreiras (Quercus Suber), especie propia dun clima máis suave que logrou prosperar grazas ás condicións climatolóxicas que presenta este enclave. No curso do río Arnego e no val de Carmoega dáse un microclima específico con temperaturas mornas ao longo de todo o ano, que resulta ser un hábitat propicio para as sobreiras. É un espazo natural declarado Zona especial de conservación (ZEC) dentro da Rede Natura 2000.
Descrición
Ten unha extensión de 1537 ha e abarca os concellos de Agolada, Lalín e Vila de Cruces. Esténdese polas ladeiras do treito medio e inferior do val do río Arnego ata a súa desembocadura no encoro de Portodemouros, no río Ulla. Configúrase como principal masa forestal representativa da fraga atlántica con influencia mediterránea presente na conca do río Ulla. Como especies máis representativas destacan o carballo e a sobreira. Tamén ao longo do río hai presenza de amieiros. A zona acolle unha fauna rica e diversa na que está presente un amplo abano de especies asociadas a áreas de mato e bosque de ribeira. Nesta área está a praia da Ponte Vilariño, cunha área de recreo e un manancial de augas termais entre as ruínas dun antigo balneario.
Exposición a riscos
O sobreiral está amparado polas medidas de protección asociadas ás figuras da Rede Natura 2000 e os LIC. Tamén se aprecia o traballo desenvolvido pola chamada rede de custodia Ulloa-Arnego. Aínda así, persisten as ameazas a este contorno. Por unha banda o proxecto -actualmente paralizado- de construción de varios encoros que anegarían boa parte do sobreiral. Por outra banda, as sobreiras presentaron diversas doenzas a consecuencia do contaxio a través das ferramentas dos recolectores de cortiza.
Galería de imaxes
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Datos
Qué es Zona de especial conservación · árbores senlleiras de Galicia
Extensión 1.537 m²
Altitud 330 m
Pueblo más cercano Agolada, a 6,2 km
En el municipio viven 20.255 (2025) · IGE
Llegar en autobús
- PARADELAa 625 mMonterroso-Vila de Cruces-Santiago E.I. · Monterroso-Vila de Cruces-Santiago E.I. · Monterroso-Vila de Cruces-Santiago E.I.
- Ponte Carmoegaa 967 mVila de Cruces-Lalín E.A.
- Ponte Carmoegaa 977 mVila de Cruces-Lalín E.A.
Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.