Castillo

Torre de Quitapesares

Pantón · Lugo

Torre de Quitapesares

A torre de Quitapesares foi unha fortaleza construída na primeira metade do século XV polo Duque de Arjona, Fadrique Enríquez, nun lugar entre os ríos Sil e Miño, nun paso do Camiño Real entre Os Peares e Monforte de Lemos. Posteriormente foi abandonada. == Localización == Existe controversia sobre a súa localización, dentro do concello de Pantón. Hai fontes que a sitúan na aldea do Cotillón, na parroquia de Acedre, xunto ao curso do río Cabe, debido a unha mala interpretación dun documento do 17 de febreiro de 1591, onde Rodrigo Enríquez de Castro, conde de Lemos, aforaba a Álvaro de Lornís, aforado este anteriormente polo mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro; a frase da controversia foi "la mi possa de Quitapesares, que yo tengo e está en el monte de Cotillón cerca de Pombeiro". A asociación Segredos de Pantón, trala realización dunha investigación determinou finalmente que esta fortificación se atoparía na aldea da Torre de Vilamirón, na parroquia de Pombeiro . Na toponimia gárdanse marcados lugares cun significado relacionado á torre. Así, o lugar denominado como “Suatorre” fai referencia a "debaixo da torre". O lugar denominado “Forca”, clara alusión[Cómpre referencia] á construción para executar os condenados a morte e que está formada por dous paus verticais e outro horizontal colocados no extremo superior deste e do que colga unha corda cun lazo ademais de existir un prado chamado “Chaira da Forca”. Outra proba é que ó pé da Torre de Vilamirón está a aldea de Vilamirón, lugar relacionado co lugar de Penamirón, onde se atopa un castro, e de aí a derivación do seu nome. Co paso dos anos, a proximidade da Torre de Quitapesares a Vilamirón deu como resultado a coñecida Torre de Vilamirón. No Couto de Pombeiro antes da súa integración no de Santo Estevo de Ribas de Sil, non estaba comprendido o lugar de Cotillón. Sábese con certeza que a torre foi edificada na área de xurisprudencia do Couto, polo tanto a aldea estaba incluída. Xeograficamente é un lugar por onde pasa o Camiño Real proveniente de Bazal e próximos ós ríos Miño e Sil como ditara no seu día o Duque de Arjona. Na Carta xeométrica de Galicia de Domingo Fontán amósase no lugar da Torre de Vilamirón a Torre de Quitapesares. == Lenda == Na aldea da Torre de Vilamirón ao redor da Torre de Quitapesares existe a lenda, que explica desta forma o nome da torre medieval: "A unha raíña de España desaparecéralle o seu fillo, buscándoo e buscándoo atopouno aquí e mandou construír unha torre chamándoa Torre de Quitapesares, ao quitarlle os seus males ao atopalo”.[Cómpre referencia] Así a asociación cultural Segredos de Pantón, encargou unha banda deseñada sobre a devandita lenda. O cómic foi elaborado por El Fisgón histórico. == Planos == No Arquivo Histórico Provincial de Ourense consérvanse os planos da edificación. == Galería de imaxes == O colectivo Segredos de Pantón levou a cabo recreacións en 3D da desaparecida Torre de Quitapesares, en base aos planos do Arquivo Histórico Provincial de Ourense. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Fernández de Viana y Vieites, J. Ignacio. (1994-1995) "Colección diplomática del Monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón". Deputación Provincial de Lugo, Servizo de Publicacións. Ferro Couselo, X. (1950-51): "La torre de Quitapesares y el duque de Arjona". Boletín del Museo Arqueológico de Orense, VI, pp. 101-21. Lucas Álvarez, L. e Lucas Domínguez P. (1996) "El priorato bendictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media". Galicia Medieval: Fontes.

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar