Torre

Torre de San Sadurniño

Cambados

Torre de San Sadurniño, torre en Cambados

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Bien de interés cultural, a 1 km de Cambados.

A Torre de San Sadurniño atópase na Illa de Figueira, unha pequena illa con forma de triángulo irregular (San Tomé do Mar) fronte á actual zona urbana de Cambados na provincia de Pontevedra.

Historia

O lugar no que se encontra foi probablemente o núcleo de poboación máis antigo de Cambados, e coñecido antigamente como Vila Vella e que despois adoptaría a actual denominación de San Tomé do Mar. O estilo construtivo da torre, que nada ten que ver coas construcións altomedievais anteriores ao ano 1000 como se pensaba, indican que tivo que ser construída a finais do século XV ou inicios do século XVI. A torre conservada hoxe non era polo tanto unha torre de vixianza para avisar dos ataques viquingos na ría de Arousa se non unha casa-torre residencial da familia dos Soutomaior. De feito o fundador da vila de San Tomé foi Sueiro Gomes de Soutomaior, que deixa para a ermida de San Tomé do mar no seu testamento" un marco de plata para ajuda de facer cada un seu caliz de plata" Fala polo tanto este documento da existencia da ermida cuxos alicerces localizaron recentes escavacións arqueolóxicas. A veneración nesta igrexa de santos como San Sadurniño ou San Tomé dan seguramente nome á illa e á vila anexa. Foron seguramente a filla (María) ou a neta (Xoana) de Sueiro, as que mandaron construír a torre. A fortificación estivo vinculada primeiro á familia Chariño - Soutomaior, logo aos condes de Castronovo, ata que o IV Conde de Castronovo, Martín Domingo de Guzmán y Niño, vendeu o señorío e as posesións ó primeiro marqués de Montesacro, Diego de Zárate y Muga.

Características

Na pequena illa que ocupaba a antiga fortificación só se conservan uns poucos restos: unha esquina dos muros rexos de cantaría de granito cunha xanela. Ademais atópanse restos dunha lareira no encontro dos muros, que consta dunha cambota de granito sostida por canzorros e unha cheminea formada por un cano tamén de granito. A súa función principal foi residencial e tamén simbólica do señorío dos Soutomaior, a onde acudían os vasalos a pagar as rendas. A principios do século XX aínda eran visibles os alicerces da antiga capela do complexo.

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Datos

Protección Ben de Interese Cultural

Altitud del punto ≈ 0 m · Terrain Tiles

Pueblo más cercano Cambados, a 1 km

En el municipio viven 13.863 (2025) · IGE

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Llegar en autobús

Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar