Castillo

Torres de Mens

Malpica de Bergantiños · A Coruña

Torres de Mens

As Torres de Mens é un castelo construído no século XV, por Lope Sánchez de Moscoso, despois das revoltas irmandiñas, sobre unha fortaleza anterior, que á súa vez se situaba sobre un antigo castro. O edificio está incluído no Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural como monumento de arquitectura militar desde o ano 1994. En 1993 recibiu o premio que outorga Europa Nostra aos monumentos salvados da ruína. == Situación == Atópanse no lugar das Torres na parroquia de Mens, no concello de Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña. == Historia == No século XX foron adquiridas por Pedro Abelenda y Díaz de Andrade, tataravó do actual propietario, Agustín Ordóñez, que foi o encargado da última rehabilitación que as transformou nunha vivenda. == Descrición == O conxunto está formado por unha vivenda e tres torres de planta cadrada que perderon as súas ameas, rodeadas dun recinto circular amurallado. A planta do volume principal ten forma de L, e está rematada por un turrón xirado respecto ó eixe do edificio. Nunha das esquinas do último andar, e apoiada sobre ménsulas de pedra, sobresae unha balconada de madeira. A entrada realízase por un arco oxival situado nunha das torres. == Lenda == Conta a tradición que existía un paso entre as Torres, a Igrexa de Santiago de Mens e a praia de Seiruga. O conde tiña presa no castelo a unha moza do pobo. Os paisanos atacaron o castelo pero o conde, ó verse rodeado, fuxiu polo pasadizo. Os aldeáns entón prendéronlle lume ás tres bocas do túnel impedíndolle deste xeito a fuxida. Tamén se conta que desde entón o millo e o trigo sementado nas proximidades do túnel marelece máis cedo. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Castelos de Galicia. === Ligazóns externas === Páxina do concello de Malpica de Bergantiños con datos sobre as Torres Páxina da Deputación da Coruña con información sobre as Torres Decreto 12/2000, de 10 de enero, por el que se delimita el entorno de protección de las Torres de Mens, en el Ayuntamiento de Malpica de Bergantiños, provincia de A Coruña.

Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗

Ver en el mapaLeer en WikipediaCómo llegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Al lado de este lugar